Santa María de Reboreda é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. Segundo o INE en 2010 tiña 2.231 habitantes (1.149 mulleres e 1.082 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.247 habitantes.
A igrexa parroquial de Santa María de Reboreda é do século XVIII. Nun principio constituía unha capela anexa do Pazo de Reboreda ao que aínda está unida mediante pasadizo elevado, de estilo barroco. No exterior presenta unha porta adintelada, fornelo e torre de espadana. Tamén ten un escudo coas armas dos Prego de Montaos, Soutomaior, Troncoso e Lira e os vascos Mondragón como benfeitores desta construción.