Provincia de Chanthaburi
Chanthaburi | |
![]() ![]() | |
Capital | Chanthaburi |
Rexión | Rexión Central |
Poboación | 480.064 habitantes |
Censo | abril de 2000 |
Área | 6.338,0 km² |
Densidade | 75,74 hab/km² |
Poboación estimada | 506.011 habitantes (xullo de 2002) |
Localización da provincia | |
![]() |
Chanthaburi (en tailandés: จันทบุรี) é unha provincia do leste da Tailandia. A súa capital é a cidade de Chanthaburi.
Limita coas provincias tailandesas de Trat, Rayong, Chonburi, Chachoengsao e Sa Kaeo; ao leste ten fronteira con Camboxa coas provincias Battambang e Pailin e ao suroeste ten o golfo de Tailandia. Etimoloxicamente o nome provén do sánscrito chandra (lúa) e puri (cidade), significando a Cidade da lúa.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Se ben a zona sur da provincia está situada na costa do Golfo de Tailandia e está constituída por chairas aluviais costeiras, o interior da provincia é bastante montañoso. Nas montañas Cardamom no norte chégase á maior altitude da provincia, 1.556 metros de altura pico Soi Dao Nua. O principal río é o Chantaburi.
Xunto coa veciña provincia Trat, Chanthaburi é un centro tailandés na extracción de pedras preciosas, especialmente rubís e zafiros. As froitas tropicais tamén constitúen un produto importante da provincia.
Historia[editar | editar a fonte]
Tras a crise de Paknam en 1893, tropas coloniais francesas ocuparon Chanthaburi, regresando en 1905, cando Tailandia abandonou a propiedade da parte occidental de Camboxa. Unha minoría significativa dos habitantes son vietnamitas, que chegaron principalmente en tres momentos históricos: o primeiro tivo lugar no século XIX durante a persecución contra os católicos na Cochinchina e a conseguinte intervención franco-española; o segundo produciuse entre os anos 1920 a 1940, cando os vietnamitas fuxían da Indochina Francesa, e o terceiro foi despois da vitoria comunista no Vietnam en 1975. Tanta presenza de fuxidos católicos levou a que en 1944 se estabelecera a Diocese de Chanthaburi na capital.
Símbolos[editar | editar a fonte]
O emblema provincial representa a lúa rodeada dunha aura. No interior do disco da lúa atópase un coello (na tradición tailandesa as áreas escuras da Lúa represéntanse coa forma deste animal). O selo simboliza a paz e a tranquilidade da provincia. A lúa tamén se encontra no nome da provincia: Cidade da Lúa. A bandeira tamén mostra no centro un coello branco sobre a lúa en ton marelo. O fondo da bandeira é de cor vermella, co nome da provincia escrito en amarelo. A árbore provincial é a diospyros decandra, e a flor unha orquídea.
Distritos[editar | editar a fonte]
A provincia está subdividida en 9 distritos (amphoes) e 1 subdistrito (king amphoe). Os distritos e o subdistrito son á súa vez divididos en 76 comunas (tambons) e estas en 690 poboados (moobans). (muban).
Amphoe | King Amphoe | |
---|---|---|