FC Barcelona Futsal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
FC Barcelona
Nome Futbol Club Barcelona
Alcume(s) Barça, Blaugrana, Culés
Fundación 1978
Estadio Palau Blaugrana
Barcelona, España España
Inauguración 1971
Capacidade 7.500
Presidente español Sandro Rosell
Adestrador español Marc Carmona
Liga Primeira División (LNFS)
2011/12 2º na táboa e logo campión
Vestimenta Nike
Patrocinador Alusport
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O FC Barcelona Alusport é unha sección deportiva profesional do FC Barcelona, fundada en 1978, que se adica ó fútbol sala. O primeiro equipo compite na Primeira División da LNFS, da que foi campión nas tempadas 2010-11 e 2011/12, e da cal foi membro fundador na tempada 1989-90. Na tempada 2011-12 fíxose coa UEFA Futsal Cup converténdose en campión de Europa. O equipo xoga os seus encontros como local no Palau Blaugrana.

O equipo filial, denominado FC Barcelona "B" Alusport, compite na Segunda División. Non existe ningunha sección feminina.

Historia[editar | editar a fonte]

O FC Barcelona comezou a xogar a fútbol sala a mediados dos anos 70 cando o equipo estaba composto por ex xogadores de fútbol do club azulgrana. Non obstante, non foi ata 1978 cando se fixo oficial a creación da sección de fútbol sala. Nos seguintes anos disputou torneos rexionais, acadando a máxima categoría en 1980. Nos seguintes 2 anos gañou o campionato catalán, a pesares do cal, a Xunta Directiva do club decidiu que a sección desaparecese trala tempada 1982-83.

En 1986 o FC Barcelona recuperou a sección, por mor da creación de torneos nacionais como a Copa de España e a Primeira División da LNFS. Neses anos o equipo gañou a Copa do Rei de 1989 e a Recopa de Europa de 1990, torneos que daquela eran organizados por patrocinadores privados, de xeito que eran oficiosos e non aparecen no palmarés do club. Dende a primeira edición da LNFS ata a tempada 1997-98, o FC Barcelona mantívose na elite do fútbol sala nacional, pero a mediados dos 90 o club comezou a adicar menos cartos á sección, e finalmente trala tempada 1997-98 descendeu de categoría.

A volta á máxima categoría chegou na tempada 1999-2000. O FC Barcelona ocupou posicións baixas na competición ligueira durante os 3 seguintes anos na Primeira División, rematando 15º en 2001, 12º en 2002 e 15º en 2003, descendendo de novo.

Na tempada 2005-06 o equipo acadou de novo o agardado ascenso, e na tempada 2006-07 comezou o novo proxecto da sección baixo as ordes do adestrador Marc Carmona, e coa aposta do entón presidente do FC Barcelona, Joan Laporta (antigo xogador de fútbol sala nos anos 80). Dende entón a progresión foi: 13º en 2007, 6º en 2008, 3º en 2009, 6º en 2010 e campión en 2011 e 2012.

Como consecuencia do título de liga acadado na tempada 2010-11, a sección de fútbol sala do FC Barcelona disputou a edición 2011-12 da UEFA Futsal Cup, na que o equipo catalán acadou o seu primeiro campionato de Europa nesta disciplina, converténdose na 5ª sección deportiva do club que o facía, tralas de fútbol, baloncesto, balonmán e hóckey sobre patíns. Ese mesmo ano acadou a súa segunda liga, a súa segunda Copa de España e a súa segunda Copa do Rei.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Palau Blaugrana, fogar do equipo.

Torneos internacionais[editar | editar a fonte]

Campión (1) = 2011/12 UEFA Futsal Cup.png

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Campión (2) = 2010/11, 2011/12
Campión (3) = 2010/11, 2011/12, 2012/13
Campión (3) = 2010/11, 2011/12, 2012/13

Torneos rexionais[editar | editar a fonte]

Campión (4) = 1999/00, 2008/09, 2009/10, 2010/11

Xogadores[editar | editar a fonte]

O cadro de xogadores do FC Barcelona para a tempada 2011-12 está composto polos seguintes 14 futbolistas:

FUTBOL CLUB BARCELONA de fútbol sala
Xogadores do primeiro equipo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]