FS Baix Maestrat
Benicarló Aeroport Castelló | |||
---|---|---|---|
Nome | Fútbol Sala Baix Maestrat | ||
Alcume(s) | Caduferos | ||
Fundación | 1996 | ||
Estadio | Municipal de Benicarló Benicarló, España | ||
Inauguración | 1998 | ||
Capacidade | 2.500 | ||
Presidente | José Pascual Bernat | ||
Adestrador | "Juanlu" Alonso | ||
Liga | División de Honra (LNFS) | ||
2009-10 | 14º | ||
Vestimenta | Uhlsport | ||
Patrocinador | Aeroport Castelló | ||
Na rede | |||
http://www.benicarlofs.es/ | |||
| |||
O Fútbol Sala Baix Maestrat ou Benicarló Aeroport Castelló, por motivos de patrocinio, é un equipo español de fútbol sala da localidade de Benicarló, provincia de Castelló (Comunidade Valenciana). Actualmente compite na División de Honra da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS).
Funcouse en 1996 e dende a tempada 2004-2005 xoga na máxima categoría do fútbol sala español.
Historia
[editar | editar a fonte]O Fútbol Sala Baix Maestrat fundouse en 1996 e comezou a xogar na Primera Nacional "A". Na tempada 1998-1999, o club de Castelló ascendeu á División de Prata.
Na tempada 2001-02, o Povet.com Benicarló rematou na primeira posición do grupo B da División de Prata, mais non puido certificar o seu ascenso á máxima categoría ao caer fronte ao Azkar Lugo FS. Ao ano seguinte, o club rematou do mesmo xeito que a tempada anterior, perdendo desta vez ante o Autos Lobelle de Santiago Fútbol Sala. Finalmente, na tempada 2003-2004 Benicarló finalizou primeiro do seu grupo e derrotou nos playoffs de ascenso o Albacete FS, confirmando a súa presenza na principal competición de fútbol sala. Ese mesmo ano, o club conseguiu a Copa Generalitat Valenciana, máximo trofeo autonómico, fronte ao Playas de Castellón FS.
No seu debut na máima categoría na tempada 2004-2005, Benicarló sorprendeu cun quinto posto na liga regular, clasificándose para os playoffs polo título. Na seguinte tempada, finalizou na décimo cuarta posición e estivo a piques de descender, aínda que finalmente logrou a permanencia.
A partir de 2006, as actuacións do equipo melloraron e na tempada 2006-2007 conseguiron un cuarto posto na liga regular e chegaron ata as semifinais nos playoffs, a súa mellor posición ata aquela. As súas participacións melloraron e converteuse durante tres anos nun dos favoritos para chegar á fase final. En 2008 non superaron os cuartos de final a pesar de ser terceros na liga regular, mentres que en 2009 finalizaron na quinta posición.
Coa crise económica e a falla de patrocinadores, o club tivo que traspasar os seus mellores xogadores e reducir o seu orzamento. Tras renovar o seu equipo, na tempada 2009-2010 finalizou na antepenúltima posición, salvándose novamente do descenso.
Cadro de persoal da tempada 2010-2011
[editar | editar a fonte]
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1 Copa Generalitat Valenciana: 2002-2003