Preston Sturges

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPreston Sturges

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Edmund Preston Biden Editar o valor em Wikidata
29 de agosto de 1898 Editar o valor em Wikidata
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte6 de agosto de 1959 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaFerncliff Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónLycée Janson-de-Sailly (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , dramaturgo , actor , autobiógrafo , guionista , escritor , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1928 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEleanor Post Hutton (1930–1932)
FillosTom Sturges (en) Traducir, Solomon Sturges (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webprestonsturges.com… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0002545 Allocine: 4362 Allmovie: p113144 TCM: 186418 IBDB: 8190
Discogs: 3519669 WikiTree: Biden-83 Find a Grave: 3214 Editar o valor em Wikidata

Edmund Preston Biden, nado en Chicago (Illinois) o 29 de agosto de 1898 e finado en Nova York o 6 de agosto de 1959 foi un director e guionista estadounidense, coñecido como Preston Sturges.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Chicago, cando tiña tres anos trasladouse a París coa súa nai, que arelaba continuar a súa carreira como cantante. Alí anulou o seu matrimonio co seu marido e casou con Solomon Sturges, home de negocios que adoptou e deu nome ao futuro director. A súa nai foi unha muller liberada e intelixente que influíu na visión de Sturges sobre a muller como superior ao home, como aparece en moitos dos seus filmes.[1]

De mozo, Sturges viaxou por varios países coa compañía de Isadora Duncan, da que a súa nai era amiga. Estudou en Chicago, París, Dresden, Berlín e Lausanne e en 1917 alistouse como voluntario no exército estadounidense coa intención de participar na primeira guerra mundial. Porén, o armisticio chegou antes de acabar o seu adestramento como piloto. Durante uns meses, publicou unha páxina cómica semanal titulada Toot and his Loot no xornal do campo de adestramento (Park Field, en Millington, Tennessee).

En 1928 escribiu a súa primeira obra teatral, The Guinea Pig, estreada en Massachusetts; o seu éxito fixo que a levara a Broadway o ano seguinte. Ese ano estreou a peza Strictly Deshonorable, coa que tamén logrou o éxito. Tras varias obras menos comerciais, trasladouse a Hollywood en 1933, onde foi bastante solicitado polo seu traballo de guionista.

Durante o resto da década de 1930 traballou baixo o estrito sistema dos estudios de Hollywood, colaborando en moitos guións, dos que só algúns acababan convertidos en filmes. Gañaba uns 2.500 dólares á semana, pero non se sentía satisfeito co forma na que os directores manexaban os seus diálogos.

Isto levouno a decidir tomar o completo control dos seus proxectos, cousa que logrou finalmente en 1939, ofrecendo o seu guión de The great McGinty, escrito seis anos atrás, á Paramount por un dólar a cambio de que puidese dirixir el o proxecto. O éxito do filme abriulle a porta para que outros guionistas, como Billy Wilder e John Huston, tamén pasasen á dirección. Sturges dixo: "Levoume oito anos chegar ao que quería. Pero agora, se non quedo sen ideas –e espero que non– divertirémonos. Hai filmes marabillosos por facer e se Deus quere eu vou facer algúns deles".

Nos cinco anos seguintes escribiu e dirixiu varios filmes que constituíron os maiores éxitos da súa carreira: Christmas in July en 1940; The Lady Eve con Barbara Stanwyck e Henry Fonda) en 1941; Sullivan's Travels, con Joel McCrea e Veronica Lake en 1941 e The Palm Beach Story tamén con Joel McCrea e Claudette Colbert), en 1942. Tamén rodou The Miracle of Morgan's Creek, en 1944, que para James Agee, era "o filme máis divertido, máis atrevido, máis rico en detalles, máis intelixente e máis estimulante que ningún que se fixese en Hollywood nos últimos anos".[2]

A súa obra concéntrase nestes catro anos, 1940-1944, nos que dirixiu sete das súas doce longametraxes e que o converteron nun dos grandes innovadores da comedia estadounidense. A súa inimitable combinación de sentimentos e cinismo fixeron que sigan atraendo á audiencia.

No cumio da súa carreira, Sturges rompeu coa Paramount e formou xunta Howard Hughes a compañía California Pictures Corporation. Rodou con Harold Lloyd The Sin of Harold Diddlebock, tamén coñecida como Mad Wednesday, que finalmente resultou un notable fracaso comercial e crítico. Foi despedido da rodaxe de Vendetta por Howard Hughes, tras un choque entre as súas fortes personalidades. Firmou entón pola compañía Fox e rodou entre 1948 e 1949 Unfaithfully Yours e The Beautiful Blonde from Bashful Bend, outros dos fracasos. Con eles rematou a súa carreira como director en Hollywood. Na década de 1950 e ante a falta de ofertas para dirixir cinema, centrouse na escritura e no teatro.

Tivo a oportunidade de rodar o guión de George Bernard Shaw The Millionairess en Londres con Katharine Hepburn pero finalmente o proxecto veuse abaixo pola falla de financiamento. En 1955 escribiu e rodou en Francia o seu último filme, Les Carnets du Major Thompson, adaptación dunha novela de Pierre Danino.

Sturges morreu dun ataque ao corazón no Hotel Algonquin de Nova York mentres escribía a súa autobiografía.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Director[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ángel Comas, Preston Sturges, T&B, 2003, p. 31
  2. James Agee,Escritos sobre cine, Paidós, 2001, pp. 112-116.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ángel Comas, Preston Sturges, T&B, 2003, con prefacio do seu fillo Tom Sturges.
  • James Agee, Escritos sobre cine, Paidós, 2001.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]