Harold Lloyd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Harold Lloyd
Harold Lloyd in A Sailor-made Man.jpg
Harold Lloyd en A Sailor-made Man
Nacemento Harold Clayton Lloyd
20 de abril de 1893
Burchard, Nebraska Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento 8 de marzo de 1971 (77 años)
Beverly Hills, California
Profesión actor
Cónxuxe(s) Mildred Davis (1923–69)
Fillo(s) Gloria Lloyd (1923–2012)
Marjorie Elizabeth Lloyd (1924–1986)
Harold Lloyd Jr. (1931–71)
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Harold Clayton Lloyd nado o 20 de abril de 1893 en Burchard, Nebraska (USA) e finado o 8 de marzo de 1971 en Beverly Hills, California foi un actor, director de cine, produtor de cine e guionista estadounidense estrela do cine mudo, considerado un dos máis grandes cómicos da historia da sétima arte.

Lloyd actuou en 208 películas entre 1913 e 1947. Durante a década dos vinte foi o actor máis popular e mellor pago do universo cinematográfico. É coñecido sobre todo polas secuencias de persecución que incluían proezas físicas como rubir polos muros de altos edificios. Xunto a Buster Keaton e Charlie Chaplin forma o «triunvirato» de grandes cómicos do cine mudo e, como eles, a súa carreira continuou no período sonoro.

Entre os seus filmes máis coñecidos está Safety last de 1923 (non hai estrea galego, na súa versión en castelán titulada El hombre mosca). Home intrépido, perdeu varios dedos durante unha rodaxe dun anuncio publicitario de tabaco cunha bomba real. Foi un dos membros fundadores da Academy of Motion Picture Arts and Sciences organización profesional coñecida no mundo por organizar anualmente os premios Oscar.

Escena do reloxo en Safety Last!.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Harold Lloyd

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.