Joel McCrea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joel McCrea
Nacemento5 de novembro de 1905 e 1905
LugarCalifornia
Falecemento20 de outubro de 1990 e 1990
LugarWoodland Hills
Causapneumonía
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enPomona College
Cónxuxe(s)Frances Dee
FillosJody McCrea
Profesiónactor, actor de cinema e actor de televisión
Na rede
IMDB: nm0566948 Allocine: 2682 Allmovie: p47163 TCM: 126737
Discogs: 2589285 Find a Grave: 6848422 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Joel Albert McCrea, nado en South Pasadena o 5 de novembro de 1905 e finado en Woodland Hills o 20 de outubro de 1990, foi un actor cinematográfico estadounidense. A súa carreira estendeuse durante cinco décadas, aparecendo en máis de cen filmes.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Joel McCrea interesouse pola interpretación tras graduarse no Pomona College. Traballou no cinema como extra e con pequenos papeis dende 1927-28, cando asinou un contrato con Metro-Goldwyn-Mayer, onde foi escollido para un papel importante en The Jazz Age (1929), e conseguiu o seu primeiro papel protagonista o mesmo ano en The Silver Horde. Cambiouse á RKO en 1930, onde se asentou como un atractivo protagonista versátil abondo para protagonizar tanto dramas como comedias.

Na década de 1930, McCrea protagonizou Ave do paraíso, un drama romántico de aventuras ao lado da mexicana Dolores del Río. Posteriormente rodou dos westerns de Cecil B. DeMille, Wells Fargo (1937), coa súa futura esposa Frances Dee, e Union Pacific (1939), xunto a Barbara Stanwyck. Alcanzou o cumio da parte inicial da súa carreira a principios dos anos corenta, con filmes como Foreign Correspondent (1940), de Alfred Hitchcock, Sullivan's Travels (1941), de Preston Sturges, e The Palm Beach Story (1942).

McCrea tamén protagonizou dous westerns de William A. Wellman, The Great Man's Lady (1942), outra vez con Stanwyck, e Buffalo Bill (1944), xunto ao actor Edgar Buchanan (1944). Tralo éxito de The Virginian (1946), McCrea rodou exclusivamente westerns durante o resto da súa carreira, coa excepción do filme británico Rough Shoot (1953). En 1959, McCrea e o seu fillo Jody McCrea protagonizaron a serie da NBC Wichita Town, que durou unha temporada e foi producida por Mirisch Corp. En 1962 reuniuse co seu veterano compañeiro de westerns Randolph Scott en Duelo na serra alta (1962), baixo a dirección de Sam Peckinpah.

McCrea prefiriu dedicarse o resto da súa vida ao traballo de rancheiro. En 1969, foi incluído no Western Performers Hall of Fame no National Cowboy & Western Heritage Museum de Oklahoma City. Pola súa contribución á industria cinematográfica ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood no 6901 de Hollywood Blvd., e outra no 6241 da mesma rúa pola súa contribución á radio.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

McCrea casou coa actriz Frances Dee en Brooklyn o 20 de outubro de 1933.[2] Tiveron tres fillos, David, Peter e Jody, quen tamén foi actor. Joel e Frances permaneceron casados ata a morte del en Woodland Hills a causa dunha pneumonía aos 84 anos en 1990.[3]

Ao longo da súa vida, McCrea e Dee viviron, criaron os seus fillos e cabalgaron no seu rancho que entón era unha área non desenvolvida do leste do condado de Ventura, en California.[4] Os McCrea doaron varios centos de acres da súa propiedade á YMCA para a cidade de Thousand Oaks, California.[5] Hoxe en día, a zona en que se atopa a Conejo Valley YMCA chámase "Joel McCrea Park".

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • The San Francisco Story (1952)
  • Rough Shoot (1953)
  • The Lone Hand (1953)
  • Border River (1954)
  • Black Horse Canyon (1954)
  • Stranger on Horseback (1955)
  • Wichita (1955)
  • The First Texan (1956)
  • The Oklahoman (1957)
  • Trooper Hook (1957)
  • The Tall Stranger (1957)
  • Cattle Empire (1958)
  • Fort Massacre (1958)
  • The Gunfight at Dodge City (1959)
  • Duelo na serra alta (1962)
  • The Young Rounders (1966)
  • Sioux Nation (1970)
  • Cry Blood, Apache (1970)
  • Mustang Country (1976)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Joel McCrea Filmography". AFI Catalog. American Film Institute. Consultado o 23 de setembro de 2020. 
  2. New York City, Marriage Indexes, 1907-1995
  3. Flint, Peter B. (1990-10-21). "Joel McCrea, Actor, Dies at 84; A Casual, Amiable Leading Man". The New York Times. ISSN 0362-4331. Consultado o 2016-01-09. 
  4. Flans, Robyn (7 de febreiro de 2017). "McCrea family's Hollywood legacy lives on at Conejo ranch". Ventura County Star (en inglés). Consultado o 2020-07-23. 
  5. Flint, Peter B. (1995-06-16). "Conejo District Acquires 220 Acres of McCrea Ranch for Parkland". The Los Angeles Times. ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-12-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Nott, Robert Last of the Cowboy Heroes: The Westerns of Randolph Scott, Joel McCrea, and Audie Murphy, 2000, McFarland & Company, Inc., ISBN 0-7864-2261-0

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]