Premio María Casares ó mellor espectáculo infantil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Premios de Teatro María Casares ao mellor espectáculo infantil son outorgados pola Asociación de actores e actrices de Galicia aos mellores traballos nesa especialidade teatral da temporada anterior. É a categoría máis nova de todas, xa que existe desde a edición de 2015. Galardoaron na categoría de mellor espectáculo infantil as seguintes producións:

  • 2015. A casa do avó (Tanxarina)
  • 2016. Feo! (Caramuxo Teatro)
  • 2017. Danza da choiva (Elefante Elegante)
  • 2018. A galiña azul (Tanxarina)
  • 2019. Patapatúm (Elefante Elegante)
  • 2020. Ummm! Unha comedia musical... para chupar os dedos (Teatro Avento Producións)
  • 2021. Os nenos da varíola (Pérez&Fernández)
  • 2022. Hugo (Os Náufragos Teatro)
  • 2023. A nena que vivía nunha caixa de mistos, de Caramuxo Teatro

As compañías máis premiadas[editar | editar a fonte]

A pesar da curta vida desta categoría dos Premios, as compañías Tanxarina, Caramuxo Teatro e Elefante Elegante xa o recibiron en dúas ocasións cada unha.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]