Saltar ao contido

Suso Díaz Seoane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSuso Díaz Seoane
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor en Wikidata
Suíza Editar o valor en Wikidata
Morte12 de outubro de 2010 Editar o valor en Wikidata (38/39 anos)
Ourense Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de cinema Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0246744 Enciclopedia Galega Universal: 113931 Editar o valor en Wikidata

Suso Díaz Seoane, nado en Suíza o 15 de xullo de 1971 e finado en Ourense o 12 de outubro de 2010, foi un actor, escenógrafo, iluminador, deseñador gráfico, director e autor teatral galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Suso Díaz estivo vinculado a Sarabela Teatro dende 1988 ata o seu falecemento, e con este grupo de Ourense desempeñou diversos labores teatrais, pero fundamentalmente os de escenógrafo, iluminador, actor e deseñador gráfico. Colaborou tamén como docente na Aula Universitaria de Teatro de Ourense. Asemade contribuíu á organización da Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) e a Mostra de Teatro Infantil (MOTI), desenvolvidas por Sarabela Teatro en Ourense.

En 2006 cofundou a compañía La Imagina Machina, coa que dirixiu montaxes como A viaxe de Efi [1] (2006), que el mesmo escribira, e Ubú Rei, de Alfred Jarry (2008)[2].

O 10 de novembro de 2011 organizouse o SuFestival[3], no Teatro Principal de Ourense, onde medio cento de artistas se reuniran para homenaxear a Suso Díaz no cabodano do seu falecemento.

Galardóns

[editar | editar a fonte]

Obtivo 7 premios María Casares:

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Non se fixeron públicas as causas da súa morte[4]. Foi soterrado no camposanto de Pazos de San Clodio, en San Cibrao das Viñas. Instalouse a súa capela ardente no Auditorio de Ourense.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]