Saltar ao contido

Truman (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Truman
 Instancia de
 Título
Truman (es) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Edicións
 Obra derivada
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
1 de xaneiro de 2016 (Hungría)
25 de febreiro de 2016 (Alemaña)
2015 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Participou en
 Precedido por
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Cifras e dimensións
 Duración
 108 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
99% Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021)
7.8/10 Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt3754940 Filmaffinity: 193232 Allocine: 228818 Rottentomatoes: m/truman_2017 Allmovie: v638162 Metacritic: movie/truman Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Truman é un filme hispano-arxentino de 2015 dirixido por Cesc Gay. No 2015, no 63 Festival Internacional de Cine de Donostia, recibe a Cuncha de Prata ao mellor actor, os protagonistas: Ricardo Darín e Javier Cámara.[1] En febreiro de 2016 recibe cinco premios Goya, entre eles o de Mellor filme, mellor dirección (Cesc Gay), mellor interpretación masculina protagonista (Ricardo Darín) e secundaria (Javier Cámara), mellor guión orixinal (Cesc Gay e Tomás Aragay) e mellor montaxe (Pablo Barbieri).

O filme trata sobre as vivencias que comparten dous amigos que se atopan cando un deles (Tomás) visita inesperadamente ao outro (Julián). Ambos os dous, mediante o fío condutor do can de Julián ("Truman"), compartirán momentos emotivos e sorprendentes relacionados coa situación complicada que vive este último.

Recepción

[editar | editar a fonte]

O filme foi recibido con grandes eloxios. Carlos Boyero, na súa crítica de El País, resalta que «aínda que o que narra é tráxico, o director non renuncia a provocarnos o sorriso, ao ton agridoce, a momentos de comedia, ao humor cáustico. O xeito de contar a historia é precisa, suxestiva, elegante, sutil e complexa» [2]. En Fotogramas, cualifícana como «unha película amábel, que encantará ao público por evitar intelixentemente o dramón, e apostar pola emoción e a tenrura» [3]. LLuis Bonet, de La Vanguardia, afirma que «Truman parecía ter aberta a porta ao drama lacrimóxeno, mais os seus intelixentes toques de comedia converten o riso nun detonante de sentimentos ocultos» [4].

No estranxeiro tamén recibiu críticas positivas. Gran parte da crítica loa tamén as interpretacións de ambos os dous protagonistas. Boyero describiu a interpretación de Darín como «un recital inesquecíbel». Beatriz Martínez, de El Periódico, constata que «Ricardo Darín e Javier Cámara bordan o seu traballo nunha película sutil e afastada do sentimentalismo doado» [5].

Palmarés

[editar | editar a fonte]

O filme ten recibido numerosos premios e nomeamentos, nos que salientan:

30.ª edición dos Premios Goya
CategoríaNomeadosResultado
Mellor filmeTrumanGañador
Mellor direcciónCesc GayGañador
Mellor interpretación masculina protagonistaRicardo DarínGañador
Mellor interpretación masculina secundariaJavier CámaraGañador
Mellor guión orixinalCesc Gay
Tomás Aragay
Gañadores
Mellor montaxePablo BarbieriNomeado
  1. El País (26 de setembro de 2015). "Darín y Cámara ganan la Concha de Plata a mejor actor". España. Consultado o 27 de setembro de 2015.
  2. Carlos Boyero, El País (20 de setimbro de 2015). "Definitiva y memorable despedida". España.
  3. Carlos Loureda, Fotogramas (19 de setembro de 2015). "Truman, un festival interpretativo de Javier Cámara y Ricerdo Darín". España.
  4. Lluis Bonet, La Vanguardia (30 de outubro de 2015). "'Truman': Mi perro, yo y el vacío". España.
  5. Beatriz Martínez, El Periódico (20 de setembro de 2015). "'Truman' conmueve". España.