Saltar ao contido

Postimpresionismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Post-Impresionismo»)

O Postimpresionismo é un termo aplicado polo artista e crítico de arte británico Roger Fry quen o tomou no ano 1914 de Adolfo Pablo Stosa, para describir o desenvolvemento da arte europea dende a aparición do cadro de Monet co nome Impresión, sol nacente. John Rewald, un dos primeiros historiadores profesionais da arte en centrar o nacemento da arte moderna temperá, limitou a época do postimpresionismo entre os anos 1886 e 1892 na súa publicación pioneira sobre o Postimpresionismo: From van Gogh to Gauguin 1956. Rewald o considerou como a continuación da súa History of Impressionism 1946, e sinalou que "estaría por chegar un seguinte volume dedicado á segunda parte do período do postimpresionismo", que recibiría o nome de Post-Impressionism: from Gauguin to Matisse, ampliando o período dedicado a outros movementos artísticos de finais do século XIX e inicios do XX a outros baseados ou derivados do Impresionismo.

As súas formas máis esaxeradas, o uso da cor, estrutura e liñas prepararon o terreo para os estilos que seguirían máis adiante do século XX, como o fauvismo ou o cubismo.

Foron artistas postimpresionistas os seguintes:

Galería de artistas Posimpresionistas

[editar | editar a fonte]