Illa de Maians

Evolución da liña da costa na Ciutat Vella de Barcelona e situación da illa de Maians.
A illa de Maians era unha illa de area situada a un centenar de metros da costa de Barcelona. Foi absorbida pola cidade con motivo da creación do primeiro porto de Barcelona, obra iniciada o 20 de setembro de 1477 baixo o reinado do rei Xoán II de Aragón.
A absorción de Maians supuxo o nacemento do barrio da Barceloneta. O dique do leste, cimentado sobre a antiga illa, retivo as areas transportadas polo ciclo marítimo e o material depositado polo río Besòs, polo que o barrio da Barceloneta debe a súa existencia aos terreos así gañados ao mar.
O escritor Quim Monzó publicou un libro de relatos que toma o nome desta illa hoxe inexistente: L'illa de Maians (1986).