Portia (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Portia
Descubrimento
Descuberta por Stephen P. Synnott / Voyager 2
Descuberta en 3 de xaneiro de 1986
Características orbitais
Semi-eixo maior 66.097,265 ± 0,050 km[1]
Excentricidade 0,00005 ± 0,00008[1]
Período orbital 0,5131959201 ± 0,0000000093 d[1]
Inclinación 0,05908 ± 0,039° (respecto do ecuador de Urano)[1]
Satélite de Urano
Características físicas
Dimensións 156 × 126 × 126 km<[2]
Radio medio 67,6 ± 4 km[2][3][4]
Área superficial ~57.000 km²[5]
Volume ~1.300.000 km³[5]
Masa ~1,7 x 1018 kg[5]
Densidade media 1,3 g/cm3 (estimada)[3]
Gravidade superficial ~0,023 m/s2[5]
Velocidade de escape ~0,058 km/s[5]
Período de rotación sincrónica[2]
Oblicuidade da eclíptica cero[2]
Albedo 0,08 ± 0,01[6]
0.07[3][4]
Temperatura superficial ~64 K[5]

Portia é un satélite interior de Urano. Foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 3 de xaneiro de 1986, e déuselle a designación temporal deS/1986 U 1[7]. A lúa recibiría máis tarde o nome de Portia, a heroína da obra de William Shakespeare, O mercador de Venecia. Tamén foi designada Urano XII[8].

Portia é o segundo satélite interior máis grande de Urano despois de Puck. Portia orbita Urano dentro do radio das órbitas sincrónicas, polo cal está nun lento proceso de caída cara ao planeta debido o efecto das mareas gravitatorias. A lúa podería algún día esnaquizarse e converterse nun anel planetario ou estrelarse contra Urano.

Portia lidera o grupo de satélites chamados Grupo Portia, o cal inclúe a Belinda, Bianca, Desdémona, Crésida, Xulieta, Cupido, Rosalinda e Perdita.[6] Estes satélites teñen características orbitais e propiedades fotométricas semellantes[6]. Por desgraza, a parte da súa órbita,[1] o seu radio de 67,6 kms[2] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[6], pouco máis se sabe deste astro.

As imaxes da Voyager 2 amosan a Portia coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara Urano. A taxa de relación entre os eixos de Portia é de 0,8 ± 0,1[2], o que lle outorga unha forma elipsoidal. A súa superficie é de cor gris.[2] Observación feitas co Telescopio Hubble e con grandes telescopios terrestres deron con liñas de absorción de xeo de auga no espectro de Portia.[6][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jacobson; R.A. (1998). "The Orbits of the Inner Uranian Satellites From Hubble Space Telescope and Voyager2 Observations". The Astronomical Journal 115: 1195–1199. doi:10.1086/300263. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Erich Karkoschka (2001). "Voyager's Eleventh Discovery of a Satellite of Uranus and Photometry and the First Size Measurements of Nine Satellites". Icarus 151: 69–77. doi:10.1006/icar.2001.6597. 
  3. 3,0 3,1 3,2 JPL (Solar System Dynamics) (24 de outubro do 2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 12-12-2008. 
  4. 4,0 4,1 Williams, Dr. David R. (23-11-2007). NASA (National Space Science Data Center), ed. "Uranian Satellite Fact Sheet". Arquivado dende o orixinal o 18-01-2010. Consultado o 12-12-2008. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Calculado en base a outros parámetros
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Erich Karkoschka (2001). "Comprehensive Photometry of the Rings and 16 Satellites of Uranus with the Hubble Space Telescope". Icarus 151: 51–68. doi:10.1006/icar.2001.6596. 
  7. Smith, B. A. (16-01-1986). "IAU Circular No. 4164". Arquivado dende o orixinal o 12-08-2007. Consultado o 06-08-2006. 
  8. USGS Astrogeology, ed. (21-07-2006). "Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 06-08-2006. 
  9. Dumas, Christophe; Smith, Bradford A.; e Terrile, Richard J. (2003). "Hubble Space Telescope NICMOS Multiband Photometry of Proteus and Puck". Astronomical Journal 126: 1080–1085. doi:10.1086/375909. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]