Desdémona (lúa)
| Imaxe do descubrimento de Desdémona | |
|---|---|
| Descubrimento | |
| Descuberta por | Stephen P. Synnott / Voyager 2 |
| Descuberta en | 13 de xaneiro de 1986 |
| Características orbitais | |
| Raio orbital medio | 62.658,364 ± 0,047 km[1] |
| Excentricidade | 0,00013 ± 0,000070[1] |
| Período orbital | 0,473649597 ± 0,000000014 d[1] |
| Inclinación | 0,11252 ± 0,037° (respecto do ecuador de Urano)[1] |
| Satélite de | Urano |
| Características físicas | |
| Dimensións | 90 × 54 × 54 km<[2] |
| Raio medio | 32,0 ± 4 km[2][3][4] |
| Área superficial | ~14,500 km²[5] |
| Volume | ~164,000 km³[5] |
| Masa | ~1,8 x 1017 kg[5] |
| Densidade media | 1,3 g/cm3 (estimada)[3] |
| Gravidade superficial | ~0,011 m/s2[5] |
| Velocidade de escape | ~0,027 km/s[5] |
| Período de rotación | sincrónica[2] |
| Oblicuidade da eclíptica | cero[2] |
| Albedo | 0,08 ± 0,01[6] 0.07[3][4] |
| Temperatura superficial | ~64 K[5] |
Desdémona é un satélite interior de Urano. Foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 13 de xaneiro de 1986, e déuselle a designación temporal de S/1986 U 6[7].Desdémona recibiría o seu nome da muller de Othello da obra de William Shakespeare, Othello. Tamén foi designada Urano X[8].
Desdémona pertence ó grupo de satélites Portia, o cal inclúe a Belinda, Bianca, Crésida, Portia, Xulieta, Cupido, Rosalinda e Perdita.[6] Estes satélites teñen características orbitais e propiedades fotométricas semellantes.[6] Por desgraza, a parte da súa órbita,[1] o seu raio de 32 kms[2] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[6], pouco máis se sabe deste astro.
As imaxes da Voyager 2 amosan a Desdémona coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara Urano. A taxa de relación entre os eixos de Desdémona é de 0,6 ± 0,3[2], o que lle outorga unha forma elipsoidal. A súa superficie é de cor gris.[2]
Desdémona podería colidir cunha das lúas da súa veciñanza, Crésida ou Xulieta, dentro dos próximos 100 millóns de anos.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 Jacobson; R.A. (1998). "The Orbits of the Inner Uranian Satellites From Hubble Space Telescope and Voyager2 Observations". The Astronomical Journal 115: 1195–1199. doi:10.1086/300263.
- 1 2 3 4 5 6 7 Erich Karkoschka (2001). "Voyager's Eleventh Discovery of a Satellite of Uranus and Photometry and the First Size Measurements of Nine Satellites". Icarus 151: 69–77. doi:10.1006/icar.2001.6597.
- 1 2 3 JPL (Solar System Dynamics) (24 de outubro do 2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 12-12-2008.
- 1 2 Williams, Dr. David R. (23-11-2007). NASA (National Space Science Data Center), ed. "Uranian Satellite Fact Sheet". Arquivado dende o orixinal o 18-01-2010. Consultado o 12-12-2008.
- 1 2 3 4 5 6 Calculado en base a outros parámetros
- 1 2 3 4 Erich Karkoschka (2001). "Comprehensive Photometry of the Rings and 16 Satellites of Uranus with the Hubble Space Telescope". Icarus 151: 51–68. doi:10.1006/icar.2001.6596.
- ↑ Smith, B. A. (16-01-1986). "IAU Circular No. 4164". Arquivado dende o orixinal o 12-08-2007. Consultado o 06-08-2006.
- ↑ USGS Astrogeology, ed. (21-07-2006). "Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 06-08-2006.
- ↑ Duncan, Martin J.; Jack J. Lissauer (1997). "Orbital Stability of the Uranian Satellite System". Icarus 125 (1): 1–12. doi:10.1006/icar.1996.5568.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Desdemona Profileby NASA's Solar System ExplorationArquivado 09 de xuño de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Uranus' Known Satellites (by Scott S. Sheppard) (en inglés)