Saltar ao contido

Belinda (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Belinda
 Instancia de
 Epónimo
Belinda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Parte de
 Designación provisional
S/1986 U 5 Editar o valor en Wikidata
 Astro pai
Características orbitais
Excentricidade orbital0 Editar o valor en Wikidata
Inclinación orbital0,03063 ° Editar o valor en Wikidata
Período orbital0,62352747 d Editar o valor en Wikidata
Semieixo maior75.255,613 km Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Radio45 km e 0,067 Editar o valor en Wikidata
Masa360 Eg Editar o valor en Wikidata
Densidade1,3 g/cm³ Editar o valor en Wikidata
Albedo0,067 Editar o valor en Wikidata
Temperatura64 K Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
13 de xaneiro de 1986 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Belinda é un satélite interior de Urano. Belinda foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 13 de xaneiro do 1986 e déuselle a designación temporal de S/1986 U 5.[1] Foi máis tarde bautizada co nome da heroína do poema de Alexander Pope, The Rape of the Lock. Tamén é coñecida coma Urano XIV.[2]

Belinda pertence ó grupo de satélites Portia, o cal inclúe a Bianca, Crésida, Desdémona, Portia, Xulieta, Cupido, Rosalinda e Perdita.[3] Estes satélites teñen características orbitais e propiedades fotométricas semellantes.[3] Por desgraza, a parte da súa órbita,[4] o seu raio de 45 km[5] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[3], pouco máis se sabe deste astro.

As imaxes da Voyager 2 amosan a Belinda coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara Urano. A lúa é moi alargada, cun eixo menor de 0,5 ± 0,1 veces o tamaño do eixo maior.[5] A súa superficie é de cor gris.[5]

  1. Smith; B. A. (16 de xaneiro do 1986). "IAU Circular No. 4164". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2007. Consultado o 6 de agosto do 2006.
  2. USGS Astrogeology, ed. (21 de xullo do 2006). "Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 6 de agosto do 2006.
  3. 1 2 3 Erich Karkoschka (2001). "Comprehensive Photometry of the Rings and 16 Satellites of Uranus with the Hubble Space Telescope". Icarus 151: 51–68. doi:10.1006/icar.2001.6596.
  4. Jacobson; R.A. (1998). "The Orbits of the Inner Uranian Satellites From Hubble Space Telescope and Voyager2 Observations". The Astronomical Journal 115: 1195–1199. doi:10.1086/300263.
  5. 1 2 3 Erich Karkoschka (2001). "Voyager's Eleventh Discovery of a Satellite of Uranus and Photometry and the First Size Measurements of Nine Satellites". Icarus 151: 69–77. doi:10.1006/icar.2001.6597.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]