Hamlet (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hamlet
Oberon2 USGS.gif
Un mapa de Oberón. O gran cráter con seu interior de cor escura (no centro da imaxe cara a dereita) é Hamlet.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Oberón
Diámetro 206 km[1]
Profundidade  ?
Coordenadas 46,1° S 44,4° E[1]
Procedencia do nome personaxe principal da obra de William Shakespeare, Hamlet.[1]

Hamlet é o cráter máis grande da lúa do planeta Urano, Oberón. Ten un diámetro do redor de 206 km e sería bautizado co nome da personaxe principal da obra de William Shakespeare, Hamlet. O cráter ten unha superficie escura e está rodeado por un brillante sistema de raios, os cales xurdiron do xeo expulsado despois do impacto e depositado pouco despois dando lugar ó citado sistema de raios.[1] A natureza do material escuro da superficie interior do cráter é descoñecida, pero podería ser material procedente do interior da lúa. O cráter foi fotografado por primeira vez pola sonda espacial Voyager 2 en xaneiro do 1986.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS Astrogeology (ed.). "Oberon: Hamlet". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 06-01-2009. 
  2. Smith, B.A.; Soderblom, L.A.; Beebe, A. e o seu equipo. (1986). "Voyager 2 in the Uranian System: Imaging Science Results". Science 233: 97–102. PMID 17812889. doi:10.1126/science.233.4759.43. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]