Saltar ao contido

Ponte do Milenio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponte do Milenio
Ourense Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Material usado
Persoas e organizacións
 Arquitecto/a
Datas e cronoloxía
 Inauguración
1 de setembro de 2001 Editar o valor en Wikidata
Transporte
 Seguinte cruzamento cara arriba
Dimensións
Anchura23 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude277,8 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Atravesa
Wikidata C:Commons

A ponte do Milenio, tamén coñecida como ponte da Gaivota pola súa forma, é a quinta ponte da cidade de Ourense e está situada entre a ponte Maior e a ponte da Nacional 525 (Benavente-Santiago). Ten un deseño interesante e destacado por unha pasarela que a envolve a modo de anel que se deforma para elevarse por encima e baixar polos laterais. Por este anel, pódese camiñar até 20 m de altura por riba da ponte cunha traxectoria de 100 chanzos. A lonxitude do van central é de 110 m cunha pendente de 2.57% e un radio de 320 m[1].

Descrición

[editar | editar a fonte]

A ponte está constituída por dous niveis. O nivel inferior é unha plataforma de formigón que forma a ponte en si mesma e pola que transitan vehículos e peóns. Un sistema de tirantes e dous piares metálicos inclinados, situados nos extremos, sustentan a plataforma de circulación. O segundo nivel da ponte está constituído pola pasarela peonil que descende polas beiras laterais por debaixo da plataforma e ascende até unirse cos extremos que proceden do outro lateral por encima da ponte formando unha especie de aro deformado que se adapta á ponte de modo envolvente. Este paseo envolvente é transitábel e proporciona unhas vistas interesante da paisaxe do río e da cidade. A obra realizouse entre abril de 1999 e agosto de 2001.[1]

Accédese desde a estrada N-525 en dirección ao centro da cidade pola Rúa dos Remedios. Ten dobre sentido de circulación e desemboca nos seus extremos en senllas rotondas.

Responsábeis do proxecto

[editar | editar a fonte]

O proxecto é do arquitecto Álvaro Varela de Ugarte, da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, máster en Arquitectura pola Universidade Yale e doutor pola Universidade de Toquio. O desenvolvemento da enxeñería foi de Pondio Ingenieros s.l. e a empresa construtora foi UTE Ponte Miño (ACS / OCA).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Información da Web do arquitecto". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o 12 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]