Poemanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Poemani»)
Localización aproximada do pobo dos poemanos na provincia romana da Gallaecia.

Os poemanos (en latín: Poemani)[1] eran unha antiga tribo de Gallaecia, un pobo galaico lucense que vivía no centro-norte da actual Galicia,[2] na comarca da Terra Chá. Son coñecidos por unha inscrición atopada na muralla antiga de Lugo.[2] De acordo con algúns autores, é posible a súa relación xermánica, xa que a ara dedicada a Poemana atopada en Lugo[3] é a deusa protectora da tribo xermánica dos poemani,[4][5][6] que se asentaron no ano -600 na provincia de Lugo.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Proceedings of the British Academy, Volume 26. British Academy. p. 107. 
  2. 2,0 2,1 Alberro, Manuel (1999). "Los pueblos celtas del Noroeste de la Península Ibérica" (PDF). Anuario Britantino 22. 
  3. Rosario Álvarez; Francisco Dubert García; Xulio Sousa Fernández. Consello da Cultura Galega, ed. Lingua e territorio (PDF). p. 223. Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  4. Blázquez Martínez, José María. Imagen y mito: estudios sobre religiones mediterráneas e ibéricas. 373. 
  5. Schulten, A. (1932). Germanien und Gallier: "Forschungen und Fortschitte" 8. p. 121. 
  6. Bosh-Gimpera, P. (1950). "Infiltraçoes germanicas entre os celtas peninsulares". Revista de Guimaraes LX: 348. 
  7. Gómez Vila, Javier (2009). Epigrafia romana de la provincia de Lugo. p. 32. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]