Cullereiro africano
Platalea alba | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Na canle de Kazinga, Kenya | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Platalea alba Scopoli, 1786 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Platalea tenuirostris Temminck, 1820 |
O cullereiro africano[2] (Platalea alba) é unha ave acuática de patas longas[3] da familia dos ibis e cullereiros, Threskiornithidae. A especie esténdese por África continental e Madagascar, incluíndo Botswana, Kenya, Mozambique, Namibia, Suráfrica e Zimbabwe.[3]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Viven en zonas húmidas pantanosas con zonas de augas abertas pouco profundas e aniñan en colonias nas árbores ou xunqueiras. Normalmente non comparten as colonias con cegoñas ou garzas. O cullereiro africano aliméntase en augas pouco profundas, onde captura peixes,[3] moluscos,[3] anfibios, crustáceos,[3] insectos[3] e larvas.[3] Utiliza o seu peteiro espatulado aberto para capturar o alimento movéndoo de lado a lado na auga e péchao cando atopa algo.[3] As súas patas longas e delgadas e dedas finas permítenlle camiñar doadamente en diversas profundidades de auga.[4]
É unha especie case inconfundible na maior parte da súa área de distribución. O paxaro en idade reprodutora é todo branco agás nas súas patas e face, que son vermellas, e no longo e espatulado peteiro. Non ten crista, a diferenza do cullereiro Platalea leucorodia. As aves inmaturas non teñen a cara vermella e o seu pico é amarelo. A diferenza das garzas, os cullereiros voan cos pescozos estendidos.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Empezan a reproducirse en inverno e seguen na primavera.[3] A niño está xeralmente localizado en árbores que colgan sobre a auga, e está construído de ramiñas e xuncos e forrado con follas.[4] Poñen de tres a cinco ovos, xeralmente nos meses de abril e maio.[3] Ambos os proxenitores incuban os ovos durante 29 días, e despois de eclosionaren as crías son coidadas por ambos os pais durante de 20 a 30 días.[3] As crías poden abandonar o niño pouco despois e empezan a voar pasadas outras catro semanas.[3]
É unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación de aves acuaticas migratorias africanas-eurasiáticas (AEWA).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Platalea alba". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 2 de xaneiro de 2019.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 "African Spoonbill." Arquivado 07 de xullo de 2011 en Wayback Machine. Honoluluzoo.org. Accessed June 2011.
- ↑ 4,0 4,1 ""African Spoonbill Fact Sheet, Lincoln Park Zoo"". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2015. Consultado o 18 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grzimek, H. C. Bernhard, ed. (1972). Grzimeks Animal Life Encyclopedia of Birds. Nova York, Nova York: Van Nostrand Reinhold Company.
- Middleton, Alex L. A. e Dr. Christopher M. Perrins, eds. (1985). The Encyclopedia of Birds. Nova York, Nova York: Facts on File, Inc.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cullereiro africano |
- African Spoonbill - Species text in The Atlas of Southern African Birds.