Picnonótidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Picnonótidos
Pycnonotidae

Hypsipetes amaurotis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Sylvioidea
Familia: Pycnonotidae
G. R. Gray, 1840
Xéneros e Especies
  • Ver o texto
Sinonimia
  • Brachypodidae Swainson, 1831
  • Trichophoridae Swainson, 1831
  • Ixosidae Bonaparte, 1838
  • Hypsipetidae Bonaparte, 1854
  • Crinigeridae Bonaparte, 1854 (1831)
  • Phyllastrephidae Milne-Edwards & Grandidier, 1879
  • Tyladidae Oberholser, 1917
  • Spizixidae Oberholser, 1919

A dos picnonótidos (Pycnonotidae) é unha familia de aves paseriformes da suborde dos páseros ou paxaros cantores de mediano tamaño, cuxas especies reciben xeralmente o nome de bulbul.[1]

A familia está distribuída pola maioría de África e no Oriente Próximo, Asia tropical ata Indonesia e polo norte ata Xapón. Unhas poucas especies illeiras aparecen en illas tropicais do océano Índico.

Comprende unhas 130 especies reunidas nuns 24 xéneros.

Aínda que algunhas especies se encontran na maioría dos hábitats, as especies africanas encóntranse predominantemente en selvas, mentres que as especies selváticas son raras en Asia, e prefiren áreas abertas.

A palabra bulbul deriva da palabra da lingua árabe بلبل, que significa 'reiseñor',[2] pero non pertencen á familia dos reiseñores.

Características[editar | editar a fonte]

Os picnonótidos son paseriformes delgados de pescozo curto. Teñen colas longas e ás curtas e arredondadas. En case todas as especies o peteiro é lixeiramente alongado e un pouco ganchudo no extremo. Varían en lonxitude desde os 13 cm dos máis pequenos aos 29 cm do Pycnonotus zeylanicus. Os dous sexos son iguais, aínda que as femias adoitan ser lixeiramente menores. Nunhas poucas especies as diferenzas son tan grandes que foron descritas como especies funcionalmente diferentes. A suave plumaxe dalgunhas especies é moi colorida con orificios nasais, meixelas, gorxa e sobrecellas amarelos, pero a maioría son de cores apagadas, cunha plumaxe de marrón oliva a negra uniforme. As especies con ollos de cores apagadas a miúdo teñen aneis oculares contrastantes. Algunhas teñen cristas moi aparentes. Os bulbuis son aves que emiten moitas vocalizacións, e as chamadas da maioría das especies foron descritas como nasais ou cavernosas. Un autor describiu o canto do Hypsipetes amaurotis como "os ruídos menos atractivos feitos por calquera ave".[2]

Os bulbuis comen unha ampla variedade de comidas diferentes, que van desde froitas a sementes, néctar, pequenos insectos e outros artrópodos e mesmo pequenos vertebrados. A maioría das especies son fruxívoras e suplementan as súas dietas con algúns insectos, mentres que hai unha significativa minoría de especialistas, especialmente en África. As especies de campo aberto son xeralistas. Os bulbuis do xénero Criniger e os do xénero Bleda únense a bandadas mixtas para a alimentación.

Os bulbuis son xeralmente monógamos. Unha rara excepción é o Eurillas latirostris, que polo menos en parte da súa área de distribución, parece ser polígama e utiliza un sistema de lek para buscar parella. Algunhas especies tamén teñen costumes aloparentais, nos que os que non se reproducen, xeralmente os individuos novos de anteriores nidacións, axudan a criar as crías da parella reprodutora dominante. Poñen ata cinco ovos rosas purpúreos en niños nunha árbore aberta e son incubados polas femias. A incubación xeralmente dura entre 11 e 14 días e os pitiños empluman en 12 a 16 días.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1840 polo zoólogo e escritor inglés, especializado en ornitoloxía, George Robert Gray.

Clasificación[editar | editar a fonte]

O esquema tradicional de clasificación era dividir os bulbuis en catro grupos, chamados grupos de Pycnonotus, Phyllastrephus, Criniger e Chlorocichla polos seus xéneros característicos (Delacour, 1943). Porén, análises máis recentes demostraron que este esquema estaba probablemente baseado en interpretacións erradas das características.

A comparación das secuencias do citocromo b do ADNmt encontraron que cinco especies de Phyllastrephus non pertence aos bulbuis, senón a un enigmático grupo de aves cantoras de Madagascar (Cibois et al., 2001; véxanse máis abaixo as especies en cuestión). De xeito similar, as análises de secuencias de ADN nuclear dos xenes RAG1 e RAG2 suxiren que o xénero Nicator non é tampouco un bulbul (Beresford et al., 2005). Así o esquema previo non conseguiu ter en conta debidamente a bioxeografía, como indicou o estudo de Pasquet et al. (2001), que demostrou que o xénero Criniger debe ser dividido nunha liñaxe africana e outra asiática (Alophoixus). Usando a análise dunha secuencia de ADNn e dúas de ADNmt, Moyle & Marks (2006) encontraron que había unha liñaxe en gran medida asiática e un grupo africano; o Calyptocichla serinus parece ser moi distinto e forma un grupo propio. Algúns taxons non son monofiléticos e cómpre máis investigación para determinar as relacións dentro dos xéneros máis grandes.

Lista de especies[editar | editar a fonte]

Pycnonotus jocosus
Spizixos semitorques
Hypsipetes amaurotis
Hypsipetes crassirostris

Basal

Bulbuis típicos

  • Xénero Pycnonotus (parafilético) (aproximadamente 40 especies dependendo da clasificación)
  • Xénero Spizixos – (2 especies)
    • Spizixos canifrons
    • Spizixos semitorques
  • Xénero Tricholestes
  • Xénero Setornis
  • Xénero Alophoixus (anteriormente en Criniger, posiblemente polifilético)
    • Alophoixus finschii
    • Alophoixus flaveolus
    • Alophoixus pallidus
    • Alophoixus ochraceus
    • Alophoixus bres
    • Alophoixus frater
    • Alophoixus phaeocephalus
    • Alophoixus affinis
    • Alophoixus longirostris
    • Alophoixus mysticalis
  • Xénero Iole (5 especies, ás veces en Hypsipetes/Ixos)
  • Xénero Hemixos (2 especies, ás veces en Hypsipetes/Ixos)
  • Xénero Ixos (parafilético, podería incluír a Hypsipetes)
    • Ixos malaccensis
    • Ixos mcclellandii
    • Ixos virescens
    • Ixos nicobariensis
  • Xénero Hypsipetes (16 especies, poderían pertencer a Ixos)

Bulbuis verdes típicos e semellantes

Incertae sedis

Este podería ser semellante a Calyptocichla ou non ser un bulbul en absoluto.

Relacións cos humanos[editar | editar a fonte]

O Pycnonotus jocosus e o Pycnonotus cafer foron capturados para o comercio de mascotas en grandes cantidades e foron moi introducidos en áreas tropicais e subtropicais non nativas como por exemplo o sur de Florida, Fidxi, Australia e Hawai. Algunhas especies son consideradas pragas agrícolas, particularmente das orquídeas.

En xeral os bulbuis son resistentes ás presións humanas sobre o medio ambiente e son tolerantes a un hábitat alterado. Unhas 13 especies considéranse ameazadas polas actividades humanas, e son principalmente especies forestais ameazadas pola perda de hábitat.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BUSCatermos bulbul Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine. "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada." Chioglossa, 1 (1999): 121-138. Lista de las aves de España (ES-EN-CT-GL-EU). Sociedad Española de Ornitología, 2005
  2. 2,0 2,1 Fishpool et al. (2005)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]