Hypsipetes amaurotis
Hypsipetes amaurotis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Hypsipetes amaurotis' (Temminck, 1830) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Microscelis amaurotis
[2] Especies: |

A especie Hypsipetes amaurotis é unha ave asiática paseriforme de mediano tamaño da familia dos picnonótidos (chamados ás veces bulbul), que se encontra no oriente distante de Rusia (incluíndo Karafuto (ou Sakhalin)), noroeste da China, a península de Corea, e o Xapón, sur de Taiwán e nas cadeas de illas Babuyán e Batanes no norte de Filipinas, vista ocasionalmente tamén na illa filipina de Luzón. É unha especie extremadamente común na parte norte da súa área de distribución e é unha ave corrente no Xapón, onde se lle chama hiyodori (ヒヨドリ), e Corea, onde se denomina jikbakguri (직박구리). Ao contrario, en Taiwán, é rara e está limitada á Illa Orquídea [1].
A súa lonxitude é duns 28 cm, ten cor marrón cincenta, con cara marrón (que lle dá o aspecto de ter orellas marróns) e unha longa cola. Aínda que prefire zonas boscosas, adáptase rapidamente a ambientes urbanos ou rurais, e os seus chíos ruidosos e estridentes son familiares en moitas áreas do Xapón.
Historicamente, esta especie era unha ave migratoria que se movía á parte sur da súa área de distribución en inverno, pero nas últimas décadas moitas poboacións están aproveitándose dos cambios nas prácticas agrícolas e nas colleitas para invernar en áreas máis ao norte do que adoitaban. Como resultado, hoxe son consideradas unha praga agrícola en certas zonas do Xapón. Non obstante, a maioría dos individuos seguen movéndose ao sur en inverno, xeralmente formando enormes bandadas durante a migración. En verán, aliméntanse principalmente de insectos, pero en inverno e outono comen maiormente froita e sementes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Ixos amaurotis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Gregory (2000)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hypsipetes amaurotis ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray, G.R. (1840): A list of the genera of birds with an indication of the typical species of each genus compiled from various sources (1st edition): 28. Londres. Available at Gallica (busca de "Gray")
- Gregory, Steven M. (2000): Nomenclature of the Hypsipetes Bulbuls (Pycnonotidae). Forktail 16: 164-166. PDF texto completo
- Moyle, Robert G. & Marks, Ben D. (2006): Phylogenetic relationships of the bulbuls (Aves: Pycnonotidae) based on mitochondrial and nuclear DNA sequence data. Mol. Phylogenet. Evol. 40(3): 687-695. doi 10.1016/j.ympev.2006.04.015 (resumo HTML)
- Oliveros, C. H., e R.G. Moyle. 2010. Origin and diversification of Philippine bulbuls. Molecular Phylogenetics and Evolution 54: 822–832.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Brown-eared bulbul en Avibase
- Danos nas colleitas causados por aves estudo da Universidade de Okinawa