Picardía
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Lingua usada | Lingua picarda | |||
Picardía[1][2] (en francés: Picardie, en picardo: Picardie) foi unha rexión administrativa francesa, situada ao norte da Francia metropolitana.
Picardía limita coas rexións francesas do Norte-Paso de Calais, Champaña-Ardenas, Illa de Francia e Alta Normandía. Ao nordeste limita con Bélxica. Está ocupada, en gran parte, pola chaira picarda de terreos cretáceos moi nivelados, cun aspecto uniforme e nos que as escasas elevacións non superan os 200 m unicamente os vales actuais, produto dunha erosión recente, representan un elemento diferente da paisaxe cun aspecto de longo corredor enchido por unha espesa capa de turba.
Consta de 3 departamentos:
Ten unha poboación de 1.875.000 habitantes.
Amiens é a cidade principal. O 25 de marzo de 1802 asinouse nesta cidade o tratado de paz coñecido como Tratado de Amiens polo que se puxo fin á guerra entre Gran Bretaña e Francia máis os seus aliados. O tratado deixou sen solucionar cuestións moi importantes, polo que a paz durou tan só un ano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para picardo.
- ↑ «Picardía». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1630. ISBN 9788482893600.