Saltar ao contido

Phalanger orientalis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Phalanger orientalis
Cuscús gris

Ilustración de P. orientalis de J. Wolf (1858)
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Australidelphia
Superorde: Eometatheria
Orde: Diprotodontia
Suborde: Phalangeriformes
Familia: Phalangeridae
Subfamilia: Phalangerinae
Tribo: Phalangerini
Xénero: Phalanger
Especie: P. orientalis
Nome binomial
Phalanger orientalis
(Pallas, 1766)
Área de distribución de Phalanger orientalis.
En azul escuro: nativo, en vermello: introducido, en gris escuro: orixe incerta.
Área de distribución de Phalanger orientalis.
En azul escuro: nativo, en vermello: introducido,
en gris escuro: orixe incerta.

Área de distribución de Phalanger orientalis.
En azul escuro: nativo, en vermello: introducido,
en gris escuro: orixe incerta.

Phalanger orientalis é unha especie de mamífero marsupial australidelfo da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos, familia dos falanxéridos, subfamilia dos falanxerinos e tribo do mesmo nome,[2], que é a especie tipo do xénero Phalanger, e que se coñece na bibliografía internacional como cuscús gris.[3][4]

Nativa do norte de Nova Guinea e illas menores adxacentes, agora tamén se encontra no arquipélago Bismarck, nas Molucas centrais e surorientais, nas illas Salomón e Timor, onde se cre que foi introducida en tempos prehistóricos.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1766 polo médico e naturalista alemán Peter Simon Pallas, en Misc. Zool.: 61.[2] designándoa co nome de Didelphis orientalis.

Anteriormente foi considerada conespecífica coa alopátrica Phalanger intercastellanus e con P. mimicus e P. lullulae.[2]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

O MSW recoñece as dúas subespecies seguintes:[2]

  • Phalanger orientalis orientalis
  • Phalanger orientalis breviceps

Porén, o NCBI só recoñece a segunda.[5]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

O cuscús gris habita normalmente en hábitats perturbados, como xardíns, plantacións e bosques secundarios. Porén, esta especie tamén se pode encontrar en bosques primarios tropicais.[1]

Cando vivía en ambientes arbóreos, os cazadores da zona cren que os ocos das árbores eran o seu agocho preferido.[6]

En canto á súa área de dispersión, o cuscús gris encóntrase nas illas de Timor, tanto na parte pertencente a Indonesia como en Timor Oriental, nas de Wetar e Leti (ambas en Indonesia), nas illas Kai e numerosas illas das Molucas de Indonesia (incluíndo Ambon, Buru e Seram), tamén nas illas de Misool, Waigeo, Batanta e Salawati (todas de Indonesia) e se estende sobre gran parte da zona norte da illa de Nova Guinea, tanto na parte que pertence a Indonesia como en Papúa-Nova Guinea, incluíndo numerosas pequenas illas.[1]

Crese que moitas das poboacións son o resultado de introducións prehistóricas, posibelmente incluíndo as de Timor, Seram, Buru, Sanana, as illas Kai, as do arquipélago Bismarck e a caena das illas Salomón.[1]

Os poboadores locais das rexións e países mencionados informaron que o cuscús gris pode encontrarse nas áreas boscosas especialmente nas selvas do Monzón costeiro e nos bosques galería remanentes da pluvisilva tropical.[6]

O nicho ecolóxico do cuscús gris é probabelmente o dun folívoro arborícola nocturno, con tendencias fruxívoras.[7][8][9]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

En 1965, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) consideraba o status da especie como pouco coñecido, necesitándose máis datos. En 1966 cualificouna como LR (pouco risco) e, desde o 2008, cualifícaa como LC (pouco preocupante) debido á súa ampla área de distribución, a súa poboación grande e estábel, a que vive en varias áreas protexidas, á súa tolerancia ás zonas degradadas e á falta de grandes ameazas.[1]

  1. 1 2 3 4 5 6 Leary, T., Singadan, R., Menzies, J., Helgen, K., Wright, D., Allison, A., Hamilton, S., Salas, L. & Dickman, C. (2008): Phalanger orientalis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 20-05-2016.
  2. 1 2 3 4 Phalanger orientalis en MSW
  3. Groves, Colin (2005), en Wilson, D. E. & Reeder, D. M, eds. Mammal Species of the World, 3ª edición. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4, p. 47.
  4. Murray Wrobel, ed. Elsevier's Dictionary of Mammals.
  5. Phalanger orientalis no NCBI.
  6. 1 2 T. E. Heinsohn, Department of Archaeology and Natural History, Research School of Pacific and Asian Studies, Australian National University, ACT 0200, Australia. Manuscrito recibido o 1 de setembro de 2004; aceptedo o 23 de outubro de 2004.
  7. Flannery, T. F. (1994): Possums of the world: a monograph of the Phalangeroidea. GeoProductions / Australian Museum: Sydney.
  8. Flannery, T. F. (1995): Mammals of New Guinea. Australian Museum / Reed Books: Sydney.
  9. Flannery, T. F. (1995): Mammals of the south-west Pacific and Moluccan Islands. Australian Museum / Reed Books: Sydney.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
  • McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
  • Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]