Saltar ao contido

Pete Souza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPete Souza

Pete Souza asinando un libro sobre Obama.
Biografía
Nacemento(en) Peter Joseph Souza Editar o valor em Wikidata
31 de decembro de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Dartmouth, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Chief Official White House Photographer (en) Traducir
20 de xaneiro de 2009 – 20 de xaneiro de 2017
← Eric Draper (pt) TraducirShealah Craighead (pt) Traducir →
Chief Official White House Photographer (en) Traducir
xuño de 1983 – 20 de xaneiro de 1989
← Michael Evans (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Boston
Boston University College of Communication (en) Traducir
Universidad Estatal de Kansas
Dartmouth High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo , fotoxornalista , xornalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorGabinete Executivo do Presidente dos Estados Unidos (pt) Traducir
Universidade de Ohio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Páxina webpetesouza.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2577400 Twitter: petesouza Instagram: petesouza Editar o valor em Wikidata

Peter Joseph Souza[1] nado en New Bedford, Massachussets, o 31 de decembro de 1954[2] [3] é un fotoxornalista estadounidense de orixe portuguesa e antigo director da Oficina de Fotografía da Casa Branca durante o mandato dos presidentes estadounidenses Ronald Reagan e Barack Obama.[4]

Foi fotógrafo de The Chicago Tribune, na corresponsalía de Washington, D.C. de 1998 a 2007; Durante ese período, seguiu o ascenso do entón senador Obama á presidencia.[5] [6]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Souza naceu en New Bedford e medrou en South Dartmouth, Massachusetts,[7] fillo dunha enfermeira e un mecánico naval.[8] É de ascendencia portuguesa; ambos avós emigraron dos Azores.[9]

Formación

[editar | editar a fonte]

Formouse cum laude nun bachelor de comunicación pola Universidade de Boston en 1976 e cun mestrado en xornalismo pola Universidade Estatal de Kansas.[7][10]

Iniciou a súa carreira na década de 1970 en Kansas no Chanute Tribune e no Hutchinson News. A comezos dos anos 80, foi fotógrafo do Chicago Sun-Times.

Fotografía oficial e xornalística

[editar | editar a fonte]

Foi fotógrafo oficial da Casa Branca para Ronald Reagan de xuño de 1983 até 1989, e no seu pasamento en 2004.[7] No final do goberno Reagan, Souza continuou traballando en Washington, DC.

Entre 1998 e 2007, foi fotógrafo do oficina do Chicago Tribune en Washington, D.C.[10] Souza tamén traballou como freelancer en revistas como National Geographic e Life. Despois dos ataques do 11 de setembro de 2001, foi un dos primeiros xornalistas en cubrir a guerra en Afganistán e a caída de Cabul.

Con Barack Obama

[editar | editar a fonte]

En 2004, Jeff Zeleny, correspondente da CNN, pediu a Souza que documentase o primeiro ano de Barack Obama como senador dos EUA.[11] Souza cubriu a chegada de Obama ao Senado en 2005, viaxando con el a Quenia, África do Sur e Rusia, e seguiu a súa ascensión á presidencia.[12] En xullo de 2008, Souza publicou o libro The Rise of Barack Obama, con fotografías entre 2005 e 2008 que foi un éxito de vendas.[13]

En maio de 2009, Souza comezou a usar o Flickr como canal oficial para divulgar as fotos da Casa Branca, inicialmente con licenza Creative Commons, até que Flickr creou a nova licenza "United States Government Work".[14][15]

Entrevista na MSNBC, 2017.

Souza foi profesor asistente de fotoxornalismo na Escola de Comunicación Visual da Universidade de Ohio.[10] Após as eleccións de novembro de 2008, foi convidado para ser fotógrafo oficial da Casa Branca por segunda vez polo novo presidente electo.[16] En 14 de xaneiro de 2009, o novo retrato presidencial foi presentado, sendo primeira vez que un retrato presidencial oficial foi tirado cunha cámara dixital.[17] Souza foi o único fotógrafo presente no segundo xuramento de Obama no seu primeiro día de traballo.[18]

En 2010, a National Geographic produciu un programa sobre Souza titulado O Fotógrafo do Presidente.[12]

A fotografía tirada o 1 de maio de 2011, na Sala de Situación (Situation Room) durante o ataque a Osama bin Laden, presentando Obama, o vicepresidente Joe Biden, a secretaria de Estado Hillary Clinton e outras persoas, rapidamente se tornou icónica e unha das imaxes máis vistas no Flickr.[19]

Foto de Trump

[editar | editar a fonte]

Pete Souza publicou unha foto polémica de Donald Trump subindo a un avión, dando a entender que o expresidente non recibira un disparo como se afirmaba. O tuit de Souza provocou a súa suspensión de X (Twitter). A foto, de Associated Press, mostraba a orella de Trump sen feridas aparentes, en contraste coas afirmacións anteriores. As accións de Souza alimentaron o debate en liña, en foros como Reddit, sobre as narrativas políticas e a manipulación dos medios de comunicación de masas.[20]

Fotografías

[editar | editar a fonte]

Libros de fotografía

[editar | editar a fonte]
  • Unguarded Moments: Behind-the-scenes Photographs of President Reagan, Tapestry Pr, 1997. ISBN 1-930819-37-4
  • Plebe summer at the U.S. Naval Academy: photographs. P. Souza, 2003. ISBN 0-9729426-0-2
  • Images of Greatness: An Intimate Look at the Presidency of Ronald Reagan, Triumph Books, 2004. ISBN 1-57243-701-4.
  • The Rise of Barack Obama, Triumph Books, 2009. ISBN 1-60078-313-9.
  • The President's Photographer: Fifty Years Inside the Oval Office, with John Bredar. National Geographic, 2010. ISBN 1-4262-0676-3.
  • Obama: An Intimate Portrait, Little, Brown and Company, 2017. ISBN 0-3165-1258-3.
  • Shade: A Tale of Two Presidents, Little, Brown and Company, 2018. ISBN 0-3164-2182-0.
  1. "Michael Evans Portrait Project Collection - 1981-1984 (120 mm negatives)" (PDF). 
  2. "Art by Pete Souza". 
  3. "Pete Souza: Books, Biography, Blog, Audiobooks, Kindle". 
  4. "Open for Questions: Pete Souza on White House Photography". 
  5. "The President's Photographer: 50 Years in the Oval Office". pbs.org (en inglés). 
  6. "Faculty: Pete Souza, Assistant Professor". viscom.ohiou.edu (en inglés). 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Bio; Pete Souza Photography". www.petesouza.com. Consultado o 2024-07-28. 
  8. "Pete Souza Photographed the Obama Presidency. Now He Helps People Remember It". New York Times. 
  9. "Fotógrafo Pete Souza visita os Açores". www.acorianooriental.pt. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "Faculty: Pete Souza, Assistant Professor". 
  11. Roig-Franzia, Manuel (2009-03-01). "White House Photographer Pete Souza Has the Country's Top Photo Op" (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2024-07-28. 
  12. 12,0 12,1 "The President's Photographer: 50 Years in the Oval Office". 
  13. "A Front-Row View Of Obama's White House". 
  14. "Flickr Creates New License for White House Photos - wired.com - May 11, 2009". 
  15. As fotos, en https://www.flickr.com/photos/whitehouse/ están (a partir do 4 de xaneiro de 2009) publicadas coa seguinte advertencia, "This official White House photograph is being made available only for publication by news organizations and/or for personal use printing by the subject(s) of the photograph. The photograph may not be manipulated in any way and may not be used in commercial or political materials, advertisements, emails, products, promotions that in any way suggests approval or endorsement of the President, the First Family, or the White House."
  16. "Souza". nppa.org (en inglés). 
  17. "New official portrait released Wednesday". change.gov. 
  18. "White House Photographer Pete Souza Has the Country's Top Photo Op: Pete Souza takes another turn as official White House photographer, this time to document President Barack Obama.". washingtonpost.com. 
  19. "'Situation Room' Shot of Obama, Clinton Nearly Flickr's 'Most-Viewed' Photo". 
  20. Jlx_27 (2024-07-28). "Pete Souza, former chief official White House photographer for Presidents of the United States Ronald Reagan and Barack Obama and the former director of the White House Photography Office gets removed from twitter after posting Trump ear picture.". r/WhitePeopleTwitter. Consultado o 2024-07-28. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]