Pete Mickeal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pete Mickeal
CroppedPete Mickeal of FC Barcelona.jpg
Minnesota Timberwolves
Cargo Observador
Información persoal
Nacemento 22 de febreiro de 1978 (44 anos)
Flag of the United States.svg Rock Island, Estados Unidos
Altura 1,99 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Posición Ala
Información da carreira
Instituto Rock Island (Illinois)
Universidade Indian Hills CC (1996–1998)
Cincinnati (1998–2000)
NBA Draft 2000 / Rolda: 2 / Elección: 58
Por New York Knicks
Carreira 2000–2017
Historial de equipos
Tampa Bay ThunderDawgs (2000–2001)
Kansas City Knights (2001–2002)
Talk 'N Text Phone Pals (2002)
Peristeri (2003–2004)
Dinamo Moscova (2004)
Makedonikos (2004-2005)
Leche Río Breogán (2005–2006)
Daegu Orions (2006–2007)
TAU Cerámica (2007-2009)
FC Barcelona (2009–2013)
UCAM Murcia (2014)
Cangrejeros de Santurce (2014)
Bucaneros de La Guaira (2015)
Atenas de Córdoba (2015−2017)
Premios e galardóns
Euroliga (2010)
Liga ACB (2008)
Copa do Rei (2009)
2× Supercopa ACB (2008, 2009)

Fenton Pete Mickeal, nado o 22 de febreiro de 1978 en Rock Island, Illinois, é un xogador profesional baloncesto estadounidense. Foi seleccionado por Dallas Mavericks na segunda rolda (58.º posición) do draft da NBA de 2000.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pete xogou dous anos como aleiro no Indian Hills Community College antes de ser transferido no seu ano como "junior" á Universidade de Cincinnati. No seu segundo ano nos Indian Hills C.C., foi nomeado Xogador Nacional Júnior do ano despois de liderar ao seu equipo ao seu segundo título consecutivo. Despois de dous anos moi produtivos en Cincinnati, recibindo a mención All-American por "Associated Press" como sénior, Mickeal entrou no Draft da NBA. Participou no "training camp" cos Mavericks, pero nunca xogou para eles nun partido. Foi seleccionado por Dallas pero pronto asinou como axente libre polos New York Knicks. Estivo durante toda a tempada lesionado no banco e foi cortado ao final da tempada.

Despois do seu pouco exitosa carreira na NBA, Mickeal conseguiría mellores resultados na ABA cos Tampa Bay ThunderDawgs, e particularmente cos Kansas City Knights. Liderando aos Knights a unha marca de 32-5 no 2002, o equipo de Mickeal gañaría ese ano o campionato e el foi premiado como MVP da liga e da final. Despois da tempada do 2002 na ABA, Mickeal asinou cos Talk 'N Text Phone Pals, equipo da Asociación de Baloncesto de Filipinas. Conseguiu ser o líder da liga en anotación durante a súa primeira tempada, ademais de conseguir co seu equipo o campionato. Fixo caso por última vez á NBA, asinando un contrato con Houston Rockets. En 2004, xogaría na liga Grega para o Peristeri, e máis tarde no Makedonikos.

Pete Mickeal chegou á liga ACB da man do Leite Río Breogán, onde pese a xogar unha gran campaña non puido evitar o descenso dos de Lugo. Posteriormente chegaría ao Tau Cerámica. En 2010 Mickeal fichou polo Regal FC Barcelona onde gañou a Euroliga.[1]

Clubs[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mickeal ficha por el Regal Barça" (en castelán). Consultado o 2020-04-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]