Pervyi Kanal (en cirílicoПервый канал; en galego Primeira Canle, 1TV ou Canle 1 Rusia) é a primeira cadea de televisión da Rusia. É unha cadea de titularidade pública e pertence ao Estado, porén ten accionariado privado e funciona coma unha cadea xeneralista. Desde o ano 1993 pertence á Unión Europea de Radiodifusión. A súa sede está na Torre Ostankino de Moscova.
Cando a Unión Soviética desapareceu no ano 1991, a Federación Rusa asumiu a maior parte das súas estruturas e institucións. Un dos primeiros actos do novo goberno de Boris Eltsin foi a sinatura dun decreto presidencial o 27 de decembro de 1991, que prevé a competencia de Rusia sobre o sistema de televisión central. A cadea sufriu unha forte crise económica durante varios anos e mediante un decreto presidencial do 30 de novembro de 1994 foi transformada en sociedade anónima.
No ano 1995 naceu a Televisión Pública Rusa (en rusoОбщероссийский телевизионный канал), denominación que mantivo ata o ano 2002. A nova cadea mantivo programas da televisión soviética que eran populares entre a poboación e introduciu outros novos. O primeiro director da cadea foi o periodista Vladislav Listyev. A privatización parcial realizouse debido a delicada situación económica da cadea.
Tras o colapso financeiro de 1998, a cadea recibiu un préstamo por parte do Goberno duns 100 millóns de dólares.[1]
A partir do ano 2000 a cadea cambio o seu nome polo actual Pierviy Kanal.
No ano 2009 foi a encargada da organización do Festival de Eurovisión celebrado en Moscova trala vitoria o ano anterior en Belgrado (Serbia) do cantante Dima Bilan, sendo esta a primeira vez que Rusia gañaba o dito certame musical.