Pereira, Corvelle, Bande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pereira
ParroquiaCorvelle
ConcelloBande
Poboación61 hab. (2011)

Pereira á unha aldea da parroquia de Santa María de Corvelle, no concello de Bande. Tiña 61 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE[1] e do IGE[2], dos cales 30 eran homes e 31 mulleres. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2010, cando tiña 67 habitantes (55 homes e 49 mulleres). Acadou os preto de 500 habitantes na súa etapa de maior poboación. Está formada polos barrios da Touza, O Curro, A Carreira, A Cutiñeira e A Calzada ou Carballo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Atópase dentro do parque natural da Baixa Limia - Serra do Xurés, que ademais está declarado reserva da biosfera pola UNESCO. É unha aldea apiñada e de camiños estreitos na súa grande maioría, con abundancia de fontes nacidas nos mananciais próximos á localidade. Está enclavada no val da serra do Laboreiro con clima suavizado lixeiramente e terras fértiles. A altitude sobre o nivel do mar é de 800 m mais as cotas máximas superan os 1100 m de altutude na confluencia cos montes en man común da Fraga e Corvelle na Pena das Cruces ou Forno do Mión.

Relixión[editar | editar a fonte]

En canto á demarcación territorial relixiosa, atópase incluída na parroquia de Santa María, que está formada tamén pola aldea próxima de Corvelle. A patroa de Pereira é Santa María Magdalena, da que se celebra a festa na primeira semana de agosto. Ademais ten Santa Bárbara e San Antón como patróns.

Até o século XIX contou cunha cofraría da Madanela e até o ano 1892 Pereira formaba parte da parroquia de san Pedro de Bande. Ademais en tempos antigos Pereira foi tamén importante por pardieiros asentadas na zona de Casa de Frades e Cacheverga que dependeron do mosteiro de Celanova e cuxa relación coa aldea lindeira de Seoane foi moi importante tamén polo priorato que alí houbo até o século XV, cando este centro de relixiosidade foi trasladado a Bande, onde xa existía un templo primitivo.

Arredor da capela da Madanela en Pereira foron soterradas persoas e no adro existiron dous carballos seculares, talados na década de 1920.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Sobresaen numerosos conxuntos tumularios no monte comunal de Pereira, como poden ser os da Chan, Fonte da Ra ou Pedrouces, así como o restos de orixe romana de Cachiverga e casa de Frades.

Destaca o retablo da capela de Santa María Magdalena de Pereira, así coma tamén o cruceiro de Santa María e a igrexa, a 1,5 km de Pereira en dirección a Corvelle.

Ademais destacan as súas tradicións e festas, así como a cantidade de muíños polas beiras do río Cadós, fervenzas, pozas e praias entre fragas de vexetación autóctona.

Ten conxuntos importantes de casas de patín de planta circular, antigamente todas de teito de colmo, destacables canastros ou espigueiros, bolos en paramentos e muros de vivendas. Tamén o patrimonio natural e a fauna son de valor salientable, en concreto destaca un conxunto de picaloureiros único na comarca.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Corvelle[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Corvelle no concello de Bande na Provincia de Ourense

Corvelle | Pereira

Parroquias de Bande[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Bande

Bande (San Pedro) | Os Baños (San Xoán) | Cadós (Santiago) | Calvos (Santiago) | Carpazás (San Pedro) | Corvelle (Santa María) | Garabelos (San Xoán) | Güín (Santiago) | Nigueiroá (Santiago) | O Ribeiro (San Pedro Fiz) | Santa Comba (San Trocado) | Vilar (San Pedro Fiz)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2012. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia - Bande – Corvelle" (en galego). Consultado o 3 de decembro de 2012.