Calvos, Bande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Calvos
Igrexa de Calvos, Bande.jpg
Igrexa de Calvos
ConcelloBande
Poboación94 hab. (2017)
Entidades de poboación4

Santiago de Calvos é unha parroquia do concello de Bande, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 152 habitantes, dos cales 67 eran homes e 85 mulleres.

Calvos na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Adios, Calvos e Corvelle,/ adios, Taboazas i a Fraga,/ adios, Quintas de Lubeira,/ adios, demos de Parada [1].
  • Arrieiros, os de Calvos,/ que pasades pola estrada,/ tende coidado coas bestas/ no lugar de Fontarcada [2].
  • As meniñas, as de Calvos,/ todas ten a saia rota,/ só a filla da forneira/ que a ten feita de estopa [3].
  • As mociñas de iste pueblo/ son malas de contentar;/ os mociños, os de Calvos,/ alá non as van buscar [4].
  • O Ramonciño de Calvos/ tiña a gorriña esgazada;/ o Ramón a coser nela/ i a Carmela a esgazarlla [5].
  • Vexo Sarreaus, vexo Bande,/ tamén vexo Recarei,/ vexo Calvos, vexo a Granxa,/ terriña onde me eu criei [6].
  • Viva Calvos e Corvelle,/ viva Parada i a Fraga,/ viva Quintas de Lubeira,/ mozas, as de Santa Baia [7].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Calvos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Calvos no concello de Bande na Provincia de Ourense

Aldea de Arriba | A Igrexa | Ribas | Vilameá

Parroquias de Bande[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Bande

Bande (San Pedro) | Os Baños (San Xoán) | Cadós (Santiago) | Calvos (Santiago) | Carpazás (San Pedro) | Corvelle (Santa María) | Garabelos (San Xoán) | Güín (Santiago) | Nigueiroá (Santiago) | O Ribeiro (San Pedro Fiz) | Santa Comba (San Trocado) | Vilar (San Pedro Fiz)


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle, parroquias do concello de Bande; Taboazas é lugar da parroquia de Santa Eufemia de Parada, concello de Lobeira; San Bartolomeu da Fraga, parroquia do concello de Lobeira; As Quintas, lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira, do mesmo concello; [[Parada, Lobeira|Parada]}], parroquia do mesmo concello.
  2. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 45. Santiago de Calvos, parroquia de Bande; Fonte Arcada, lugar da parroquia de San Martiño de Aguís, concello dos Blancos, aínda que Xaquín Lorenzo sitúa esta parroquia en Xinzo.
  3. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 47'). Santiago de Calvos, parroquia de Bande.
  4. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48. Santiago de Calvos, parroquia de Bande.
  5. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 123. Pode referirse a Santiago de Calvos, parroquia de Bande, ou ó concello de Calvos de Randín.
  6. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161. Sarreaus, Bande e Recarei son lugares da parroquia de San Pedro de Bande; A Granxa pertence á parroquia de Santiago de Cadós; e Santiago de Calvos é unha parroquia propia, todos eles no concello de Bande.
  7. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle son parroquias do concello de Bande; Santa Eufemia de Parada e San Bartolomeu da Fraga son parroquias do concello de Lobeira; As Quintas e Santa Baia, dous lugares da parroquia de San Vicente de Lobeira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]