Güín, Bande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Güín
A Ponte Liñares, Güín, Bande, Ourense 02.JPG
Ponte sobre o río Limia.
ConcelloBande
Poboación50 hab. (2017)
Entidades de poboación2

Santiago de Güín é unha parroquia do concello de Bande, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 63 habitantes, dos cales 29 eran homes e 34 mulleres.

Güín na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Indo prá feira da Ponte/ atopei un carballiño,/ atopei demos te leven/ metidos nun buratiño [1].
  • O río da Feira Nova/ pasa por baixo da ponte;/ as mozas de Paradela/ deixan o gado no monte [2].
  • Un veciño do lugar/ ten unha vaca marela/ que mercou na Feira Nova/ por seis pesetas e media [3].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Güín[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Güín no concello de Bande na Provincia de Ourense

Güín | A Ponte Liñares

Parroquias de Bande[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Bande

Bande (San Pedro) | Os Baños (San Xoán) | Cadós (Santiago) | Calvos (Santiago) | Carpazás (San Pedro) | Corvelle (Santa María) | Garabelos (San Xoán) | Güín (Santiago) | Nigueiroá (Santiago) | O Ribeiro (San Pedro Fiz) | Santa Comba (San Trocado) | Vilar (San Pedro Fiz)


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 90. A feira da Ponte celebrábase o 22 de cada mes no lugar da Ponte Liñares (tamén chamada A Feira Nova), na parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande.
  2. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 124. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova. Finalmente, San Xoán de Paradela de Abeleda é parroquia do concello de Porqueira, tamén na comarca da Limia.
  3. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 160. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]