Península Itálica
Tipo | península | ||||
---|---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Europa | ||||
| |||||
Bañado por | Mar de Liguria, Mar Xónico, mar Adriático, Mar Tirreno e Mar Mediterráneo | ||||
Características | |||||
Punto máis alto | Corno Grande (pt) (2.912 m ) | ||||
Atravesa | Italia, San Marino e Cidade do Vaticano | ||||
Superficie | 50.709 mi² 131,275 km² | ||||
A Península Itálica[1] é unha península do surcentro de Europa e é unha das tres grandes penínsulas do sur deste continente, xunto coa Balcánica e a Ibérica. O seu territorio esténdese uns 1000 km de noroeste a sueste. Está situada no centro do mar Mediterráneo, entre os mares da Liguria, Tirreno, Adriático e Xónico. Politicamente abrangue a maior parte de Italia, San Marino e a Cidade do Vaticano.
Características xerais
[editar | editar a fonte]A Península Itálica está unida ao tronco central do continente europeo pola cadea dos Alpes. Grazas á súa posición, constitúe unha ponte de paso entre Europa, Asia e África. A Península Itálica está bañada polo mar da Liguria e polo mar Tirreno pola costa occidental, polo mar Xónico pola costa oriental e o Adriático pola costa sur.
No suroeste da península está Calabria e está separada da illa de Sicilia polo estreito de Messina. Entre Sicilia e África distan 140 km.
Na costa oriental, a península salentina (Puglia) dista da costa albanesa, no punto máis estreito do Canal de Otranto, 70 km.
División política e administrativa da Península Itálica
[editar | editar a fonte]A rexión física da Península Itálica, non corresponde exactamente coa extensión do Estado italiano, e non só os italianos ocupan este espazo. Dentro da Península Itálica está:
País/ Territorio |
Superficie peninsular | Descrición | Capital | Idioma oficial | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación[2] | km2[3] | sq mi | Tanto por cen | ||||
República italiana | 26 140 000 | 131 275 | 50 686 | 99.9531% | Ocupa a maioría da península | Roma | italiano |
San Marino | 31 887 | 61,2 | 23,6 | 0.0466% | Un enclave ó nordeste da Italia peninsular | Cidade de San Marino | italiano |
Cidade do Vaticano | 829 | 0,44 | 0,17 | 0.0003% | Un enclave de Roma (Italia) | Cidade do Vaticano | italiano, latín |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para itálico.
- ↑ A poboación só inclúe os habitantes da Italia peninsular e excluíndo a Italia norte, Sicilia e Sardeña
- ↑ A superficie só a da Italia peninsular e excluíndo a Italia norte, Sicilia e Sardeña