Rafael Fernández Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rafael Fernández Álvarez

11 de xaneiro de 1982 – 17 de xuño de 1983
Vicepresidente Bernardo Fernández Pérez
Sucedido por Pedro de Silva Cienfuegos-Jovellanos

27 de setembro de 1978 – 11 de xaneiro de 1982

15 de xuño de 1977 – 18 de xaneiro de 2000

Datos persoais
Nacemento 1 de outubro de 1913
Oviedo
Falecemento 18 de decembro de 2010 (97 anos)
Oviedo
Partido Federación Socialista Asturiana-Partido Socialista Obrero Español
Cónxuxe/s Purificación Tomás Vega e Belén Torrecillas San Millán
Profesión Avogado

Rafael Luis Fernández Álvarez, nado en Oviedo o 17 de setembro de 1913 e finado no mesmo lugar o 18 de decembro de 2010, foi un dirixente político asturiano, o primeiro presidente do Principado de Asturias.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Oviedo en 1913. Casou con Purificación Tomás en 1937, filla do dirixente socialista asturiano durante a II República Belarmino Tomás Álvarez. Enviuvou en 1990 e casou en 1996 con Belén Torrecillas San Millán.

Político pertencente á Federación Socialista Asturiana (FSA-PSOE). Durante a guerra civil, xogou un importante papel dentro do bando republicano. Así, como membro do Consello Interprovincial de Asturias e León (logo Consello Soberano), foi Conselleiro de Facenda; anteriormente fora Conselleiro de Xuventude.

Exiliouse en México tras a ocupación de Asturias polas tropas franquistas (setembro-outubro de 1937). Regresou a España en 1977. Foi o presidente, a partir de 1978, do Consello Rexional de Asturias (nome do órgano provisional preautonómico creado para Asturias polo Goberno de Adolfo Suárez) até as eleccións autonómicas de maio de 1983, as primeiras tras a aprobación do Estatuto de Autonomía de Asturias. Por iso, pódese considerar como o primeiro Presidente do Principado de Asturias.

Cargos Desempeñados[editar | editar a fonte]

  • Senador polo Principado de Asturias. (1977-2000)
  • Secretario xeral da FSA-PSOE. (1977-1978)
  • Presidente da FSA-PSOE. (1978-2010)
  • Presidente do Consello Rexional de Asturias. (1978-1982)
  • Presidente do Principado de Asturias. (1982-1983)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fallece a los 97 años Rafael Fernández, primer presidente del Principado de Asturias". Diario La Nueva España. Consultado o 3 de xuño de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Jesús Sanjurjo González
Logo FSA-PSOE.svg
Secretario xeral da FSA-PSOE

1977-1978
Sucesor:
Jesús Sanjurjo González
Predecesor:
Isidoro Acevedo
(en 1921)
Logo FSA-PSOE.svg
Presidente da FSA-PSOE

1978-2010
Sucesor:
Por definir
Predecesor:
Ninguén
Escudo de Asturias.svg
Presidente do Consello Rexional de Asturias

1978-1982
Sucesor:
Ninguén
(Presidente do Principado de Asturias)
Predecesor:
Ninguén
(Presidente do Consello Rexional de Asturias)
Escudo de Asturias.svg
Presidente do Principado de Asturias

1982-1983
Sucesor:
Pedro de Silva