Subtitulado Órgano de la Sociedad Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en el Plata Pro Cultura y Protección, apareceu en maio de 1923. Publicación mensual órgano oficial da sociedade editora para informar do seu labor societario. Estaba dirixida por Pedro Campos Couceiro e o administrador era Enrique Chamoso. En xullo de 1926 pasou a dirixilo Manuel Pichel[1]. Publicou artigos de carácter político sobre a situación galega cunha orientación republicana e autonomista e colaboracións literarias e artigos divulgativos. Incluíu tamén artigos sobre a comarca de orixe na sección "Noticias de Forcarey", colaboracións de Santiago Gómez Tato e José María Cabadas Vilar e novas sociais.