Pecados capitais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os sete pecados capitais son unha clasificación dos vicios mencionados nas primeiras ensinanzas do cristianismo para educar os seus seguidores acerca da moral cristiá.

O termo «capital» (de caput, capitis, "cabeza", en latín) non se refire á magnitude do pecado senón a que dá orixe a moitos outros pecados. De acordo a Tomé de Aquino (II-II:153:4).

Un vicio capital é aquel que ten un fin excesivamente desexábel, de xeito tal que na súa arela, un home comete moitos pecados, todos os cales disque son orixinados naquel vicio como a súa fonte principal. […] Os pecados ou vicios capitais son aqueles aos que a natureza humana está principalmente inclinada.
Tomé de Aquino[1]
Os vicios poden ser catalogados segundo as virtudes a que se opoñen, ou tamén puoen ser referidos aos pecados capitais que a experiencia cristiá distinguiu seguindo a san Xoán Casiano e a san Gregorio Magno (Mor. 31, 45). Son chamados capitais porque xeran outros pecados, outros vicios. Son a soberbia, a avaricia, a envexa, a ira, a luxuria, a gula, a preguiza.
Catecismo da Igrexa Católica, n.º 1866,
artigo 8, «O pecado» (V: A proliferación do pecado).[2]

Listaxe dos pecados capitais[editar | editar a fonte]

A identificación e definición dos pecados capitais a través da súa historia foi un proceso fluído e ―como é común con moitos aspectos da relixión― co tempo evoluíu a idea do que envolve cada un destes pecados. Contribuíu a estas variacións o feito de que non se fai referencia a eles dun xeito coherente ou codificada na Biblia e polo tanto téñense consultado outros traballos tradicionais (literarios ou eclesiásticos) para conseguir definicións precisas dos pecados capitais.

Ao principio do cristianismo, todos os escritores relixiosos ―Cibrán de Cartago, Xoán Casiano, Columbán de Luxeuil, Alcuíno de York― enumeraban oito pecados capitais.

O número sete foi dado polo papa Gregorio Magno e mantívose pola maioría dos teólogos da Idade Media.

Oito pecados capitais[editar | editar a fonte]

Sábese que o santo africano Cibrán de Cartago (f. 258) ―en De Mort. (IV)― escribiu acerca de oito pecados principais.

O freire Evagrio Póntico (345-399) escribiu en grego Sobre os oito vicios malvados, unha listaxe de oito vicios ou paixóns malvadas (logismoi en grego) fontes de toda palabra, pensamento ou acto impropio, contra os que os seus compañeiros monxes debían gardarse en especial. Dividiu os oito vicios en dúas categorías:[3]

  • Catro vicios concupiscíbeis ou desexos de posesión:
  • Catro vicios irascíbeis, que ―ao contrario que os concupiscíbeis―, non son desexos senón carencias, privacións, frustracións.
    • ira (orgè: cólera irreflexiva, crueldade, violencia).
    • tristura (lupè)
    • preguiza (acedia: depresión profunda, desesperanza).
    • orgullo (uperèphania)

No século V, san Xoán Casiano (ca. 360-435) ―no seu De institutis coenobiorum (V, coll. 5, «de octo principalibus vitiis»)― actualizou e difundiu a listaxe de Evagrio.

  • gula e ebriedade (que Casiano deixou en grego gastrimargia, porque non atopou unha verba acomodada en latín que significase simultaneamente gula e ebriedade);
  • avaricia (philarguria: ‘amor cara o ouro’).
  • luxuria (fornicatio)
  • vanagloria (cenodoxia)
  • ira (ira: cólera irreflexiva, crueldade, violencia).
  • tristura (tristia)
  • preguiza (acedia: depresión profunda, desesperanza).
  • soberbia (superbia)

Columbán de Luxeuil (540-615) ―no seu Instructio de octo vitiis principalibus en Bibl. max. vet. patr. (XII, 23)― e Alcuíno de York (735-804) ―no seu De virtut. et vitiis, XXVII e seguintes)― continuaron a idea de oito pecados capitais.

Sete pecados capitais[editar | editar a fonte]

Detalle do inferno, na igrexa de Santa María de Labrada, Guitiriz. Os demos torturan a sete almas, en corpo de muller, que representan os sete pecados capitais

No século VI, o papa romano Gregorio Magno (circa 540-604) ―no seu Lib. mor. en Job (XXXI, XVII)― revisou os traballos de Evagrio e Casiano para confeccionar unha listaxe propia definitiva con distinta orde e reducindo os vicios a sete (considerou que a tristura era un xeito de preguiza).

  1. luxuria
  2. preguiza
  3. gula
  4. ira
  5. envexa
  6. avaricia
  7. orgullo

Boaventura de Bagnoregio (1218-1274) enumerou os mesmos.[4]

Tomé de Aquino (1225-1274) respectou esa mesma listaxe, con outra orde:[5]

  • vanagloria (orgullo, soberbia).
  • avaricia
  • intemperanza (gula)
  • luxuria
  • preguiza
  • envexa
  • ira.

O poeta Dante Alighieri (1265-1321) utilizou a mesma orde do papa Gregorio Magno n'«O Purgatorio», a segunda parte do poema Divina Comedia (c. 1308-1321). A teoloxía d'A Divina Comedia, case foi a mellor fonte coñecida dende a Renacenza (séculos XV e XVI).

Moitas interpretacións e versións posteriores, especialmente derivacións conservadoras do protestantismo e do movemento cristián pentecostal teñen postulado temíbeis consecuencias para aqueles que cometan estes pecados como un tormento eterno no inferno, no canto da posíbel absolución a través da penitencia no purgatorio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Corazones.org («Los pecados o vicios capitales son aquellos a los que la naturaleza humana caída está principalmente inclinada»).
  2. Vatican.va (Catecismo da Igrexa Católica, n.º 1866, artigo 8, «O pecado», V: A proliferación do pecado).
  3. «Sobre os oito vicios malvados», artigo de Evagrio Póntico no sitio web Mercaba.org.
  4. Boaventura de Bagnoregio (1218-1274): Breviloquium (III, IX).
  5. Tomé de Aquino (1225-1274): obra descoñecida, I-II, 84, 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazons externas[editar | editar a fonte]