Preguiza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os campesiños preguiceiros dormen no canto de traballar; representación da preguiza na Parábola do trigo e o xoio (Abraham Bloemaert, 1624).
A preguiza non é unha característica estritamente humana: na natureza, moitas veces, é unha forma de preservar enerxía por longos períodos.

A preguiza é a falta de vontade para traballar ou para realizar calquera acción, ben como neglixencia, morosidade e lentitude. Son sinónimos: desidia, indolencia, maiola, moleza e molicie[1].

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo preguiza (preguiça en portugués) deriva do latín pigritia, "aversión ao traballo"[2].

Descrición[editar | editar a fonte]

O preguizoso ou preguiceiro (folgazán, lacazán, lerchán ou nugallán), conforme o senso común, é aquel individuo aveso a actividades que supoñan esforzo físico ou mental. De xeito que lle é conveniente direccionar a súa vida a fins que non envolvan maiores esforzos.

A preguiza pódese combater e pode ter motivacións psicolóxicas e fisiolóxicas.

Considérase un dos sete pecados capitais segundo a relixión católica e é considerado un defecto en moitas culturas.

Cómpre non confundila co descanso, o lecer ou a meditación, todos eles termos con connotacións positivas, nin coa simple maiola puntual diante un deber pouco agradábel ou coa tendencia a non se mover máis ca o imprescindíbel.

A preguiza coma pecado é a acidia clásica, e ten que ver co espírito, é un estado paralizador que impide á persoa obrar axeitadamente, coller o rumbo da propia vida. Por iso foi fortemente condenada por Dante e a meirande parte dos teoloxistas.

Supón un reboutallo do propio tempo e inditectamente fai que os outros teñan que traballar máis do que lles correspondería. Impide o progreso do país. Todos estes son os argumentos empregados para descualificar a preguiza.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición e sinónimos en Portal das Palabras da RAG.
  2. FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edición. Río de Xaneiro: Nova Fronteira, 1986. p.1 383