Saltar ao contido

Magnesia do Sípilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Magnesia do Sípilo
 Nome orixinal
Magnesia ad Sipylum (la)  
Mαγνησία ἡ πρὸς Σιπύλῳ (grc)  
Μαγνησία του Σιπύλου (grc)  
Mαγνησία ἡ ἐπὶ Σιπύλου (grc)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Cultura
Historia
 Acontecementos importantes
 Substituído por
Manisa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/05yjy8 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Magnesia do Sípilo (Magnesia Ad Sipylum, Μαγνησία ὑπὸ Σιπύλῳ) foi unha cidade de Lidia na parte noroeste do monte Sípilo (Sipylus) e na parte sur do río Hermo (Hermus). Como a súa homónima de Xonia é supostamente unha fundación da xente de Magnesia de Tesalia.

A súa fama deriva da importante batalla librada nas súas murallas entre os romanos dirixidos polos Escipións, e Antíoco III o grande o -190, na que o rei seléucida foi derrotado e perdeu acto seguido as súas posesións en Asia Menor. A cidade rendeuse rapidamente aos romanos.

Durante a guerra con Mitrídates do Ponto no século -I, os habitantes da cidade defendéronse do ataque dos pónticos. Durante o reinado de Tiberio a cidade foi destruída por un terremoto e o emperador deu diñeiro para a súa reconstrución. Aínda era unha cidade de certa importancia ao século V e continúa sendo mencionada durante o período bizantino. Foi tamén residencia temporal dos sultáns turcos.

O seu nome moderno é Manisa e as ruínas da antiga cidade son moi pouco importantes.