Paulus Potter
Paulus Potter | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de novembro de 1625 |
Lugar de nacemento | Enkhuizen |
Falecemento | 17 de xaneiro de 1654 |
Lugar de falecemento | Ámsterdam |
Causa | tuberculose |
Nacionalidade | Provincias Unidas |
Etnia | Pobo neerlandés |
Ocupación | pintor, poeta, augafortista, artista gráfico, gravador e architectural draftsperson |
Pai | Pieter Symonsz. Potter |
Coñecido por | Cows reflected in the water, Cattle in a Meadow e The Bull |
Premios | Bolsa de estudos Guggenheim |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Paulus Pieterszoon Potter, bautizado en Enkhuizen o 20 de novembro de 1625 e sepultado en Ámsterdam o 17 de xaneiro de 1654, foi un pintor holandés do Barroco.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Paulus Potter foi aprendiz en Amsterdam, nos obradoiros do seu propio pai, Pieter Symonsz. Potter, e de Jacob de Wel, e posibelmente tamén nos de Pieter Lastman e Claes Moeyaert. En 1646 era membro da confraría de San Lucas na cidade de Delft. Arredor de 1649 vivía na Haia, onde era tamén socio do gremio profesional. En 1652 regresou para Amsterdam -entre tanto casara con Adriana Backen Eynde-, onde o médico Nicolas Tulp foi o seu protector.
A súa primeira obra coñecida data do ano 1641. A súa obra, até a súa morte temperá a causa da tuberculose, cando só contaba 28 anos de idade, atinxe unhas 130 pinturas, e comprende, sobre todo, paisaxes holandesas, polo corrente con detalles de gando, cadros de xénero e máis escenas de caza. As súas pinturas de animais son de fama mundial.
A súa obra máis coñecida é O touro (De Stier), datada en 1647, e que na actualidade forma parte das coleccións do Mauritshuis, na Haia.
Museos[editar | editar a fonte]
A obra de Paulus Potter figura en diversos museos, dos que, entre outros, se poden citar:
- Rijksmuseum de Amsterdam.
- Mauritshuis, A Haia.
- Museo do Louvre, París.
- Ermitxe, San Petersburgo.
- National Gallery, Londres.
- Museo Paul Getty, Os Ánxeles.
Selección de obras[editar | editar a fonte]
- Familia de pequenos propietarios con gando, (1646 - 29 x 37 cm).
- O touro, 1647, Mauritshuis.
- Dous cabalos nun prado preto dunha porta, (1649 - 30 cm x 23 cm - Rijksmuseum.
- Dous cabalos de tiro diante dunha choza, (1649 - 26 cm x 24 cm - Museo do Louvre.
- O bosque da Haia, (1650 - 38 cm x 40 cm - Museo do Louvre.
- Catro vacas nun prado, (1651 - 30 cm x 25 cm - Rijksmuseum.
- As mandas, 1651, The National Gallery, Londres.
- O cabalo pinto, (1653 - 41 cm x 30 cm - Museo do Louvre.
- A Pradeira, (1656 - 121 cm x 84 cm - Museo do Louvre.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Rudolf von Arps-Aubert: Die Entwicklung des reinen Tierbildes in der Kunst des Paulus Potter. Diss., Halle 1931
- Walsh, Amy (Hrsg.): Paulus Potter. Paintings, Drawings and Etchings. Den Haag: Mauritshuis, 1994. (Ausstellungskatalog) ISBN 90-400-9721-6
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Paulus Potter |