Tony Aubin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Tony Louis Alexandre Aubin 8 de decembro de 1907 9.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Morte | 21 de setembro de 1981 (73 anos) 12.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 92 48°51′40″N 2°23′51″L / 48.861099, 2.397395 Grave of Aubin-Aubert (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | Conservatorio de París |
Actividade | |
Campo de traballo | Música cinematográfica (pt) |
Ocupación | director de orquestra , compositor , profesor universitario |
Empregador | Conservatorio de París |
Membro de | Academia de Belas Artes (1970–) |
Xénero artístico | Sinfonía |
Movemento | Música clásica |
Profesores | Samuel Rousseau (en) , Noël Gallon (pt) , Philippe Gaubert (pt) e Paul Dukas |
Alumnos | Marius Constant, Jean-Claude Henry (en) , Pierrette Mari (pt) , Alain Guélis (en) e Lucie Robert-Diessel (en) |
Lingua | Lingua francesa |
Familia | |
Cónxuxe | Francine Aubin (1975–) |
Premios
| |
Tony Aubin, nado o 8 de decembro de 1907 en París (Francia) e finado na mesma cidade o 21 de setembro de 1981, foi un compositor e director de orquestra francés. Destacou especialmente polas súas composicións de música para o cine.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tony Aubin naceu o 8 de decembro de 1907 en París (Francia), fillo do avogado Anthony Aubin.[1] Entre 1925 e 1930 estudou teoría da música, contrapunto e orquestración e composición no Conservatorio de París con Samuel Rousseau, Noel Gallon e Philippe Gaubert e Paul Dukas respectivamente. En 1930 gañou o Prix de Rome pola súa cantata Actaeon, o que fixo engalar a súa carreira como compositor nesta década.[2]
Entre 1937 e 1944 foi director artístico de Paris Mondial.[3] En 1945 foi nomeado profesor de composición do Conservatorio de París, sucedendo a Jean Roger-Ducasse no posto que xa ocupara o seu profesor Dukas, permanecendo no carto ata 1977, e contandose entre os seus alumnos a Olivier Alain, Garbis Aprikian, Raynald Arseneault, Jocelyne Binet, Jacques Castérède, Pierre Cochereau, Marius Constant, Ginette Keller, Talivaldis Kenins, Yüksel Koptagel, Ron Nelson, Makoto Shinohara, ou o brigantino Carlos López García-Picos.[4]
Dirixiu numerosas composicións á fronte da Orchestre de la RTF entre 1945 e 1960.[3] En 1952 formou parte do xurado do Festival de Cannes.[5]
Despois da morte da súa primeira muller, Louise Clavius-Marius, casou coa súa alumna Francine Tremblot de la Croix (1938-), compositora e directora artística do Conservatorio de Rueil-Malmaison.
Obra
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista de obras de Tony Aubin.
A súa obra, fortemente influenciadas polo impresionismo de Ravel e Dukas, inclúe sonatas para piano, música de cámara, orquestral, vocal, así como unha importante produción de música radiofónica e cinematográfica.[2]
Composicións para o cine
[editar | editar a fonte]- 1941: Le pavillon brûle, de Jacques de Baroncelli
- 1942: À l'assaut des Aiguilles du Diable, de Marcel Ichac
- 1943: Les Ailes blanches, de Robert Péguy
- 1943: Le Corbeau, de Henri-Georges Clouzot
- 1943: Sondeurs d'abîmes, de Marcel Ichac
- 1943: Ceux du rivage, de Jacques Séverac
- 1944: La Collection Ménard, de Bernard Roland
- 1948: La Belle Meunière, de Marcel Pagnol (adaptation de la musique de Franz Schubert)
- 1949: La Vie est un rève, de Jacques Séverac
- 1952: Groenland, 20 000 lieues sur les glaces, de Marcel Ichac e Jean-Jacques Languepin
- 1952: Victoire sur l'Annapurna, de Marcel Ichac
- 1962: Dunoyer de Segonzac, documental de Michèle Brabo
- 1966: Illusions perdues (feuilleton télé), de Maurice Cazeneuve d'après Honoré de Balzac
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Tony Aubin foi elixido membro do Instituto de Francia en 1969, converténdose en presidente da Academia de Belas Artes en 1979. Foi condecorado coa Lexión de Honor, a Orde Nacional do Mérito e a Orde das Artes e as Letras.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 musimem.com (ed.). "Tony Aubin (1907-1981)" (en francés). Consultado o 20 de febreiro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 El Poder de la Palabra (ed.). "Tony Aubin" (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 Music Sales Classical (ed.). "Tony Aubin" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2015. Consultado o 20 de febreiro de 2015.
- ↑ Asociación Galega de Compositores (ed.). "López García-Picos, Carlos". Consultado o 20 de febreiro de 2015.
- ↑ Festival de Cannes (ed.). "Tony Aubin" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2015. Consultado o 20 de febreiro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tony Aubin |