Greatest Hits é un álbum recompilatorio da banda de rock alternativoestadounidenseFoo Fighters, editado o 3 de novembro do 2009 a través do selo RCA Records. Contén dúas novas cancións, "Wheels" e "Word Forward", ademais de temas anteriormente editados como "The Pretender", "All My Life", "Learn to Fly", "Best of You", "Times Like These", "My Hero" ou "Everlong".
"Wheels" foi o primeiro sinxelo sacado do álbum, e estreouse na radio o 23 de setembro do 2009. Foi oficialmente lanzado o 29 de setembro. "Wheels" e "Word Forward" foron gravados especificamente para o recompilatorio baixo a produción de Butch Vig.
Unha edición deluxe do recompilatorio inclúe un libro e un DVD con vídeos musicais e actuacións ao vivo da banda. Tamén inclúe un vídeo para "Wheels", dirixido por Sam Brown, que tamén realizara o vidio de "The Pretender".