Saltar ao contido

Eukaryota

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eucarionte»)

Eukaryota
 Nome taxon
    Eukaryota Édouard Chatton 1925 Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
Características
 Caracterizado por
 Subdivisións

Ás veces aqueles eucariotas que non se poden clasificar dentro dos reinos Plantae, Animalia ou Fungi clasifícanse dentro do reino Protista.
Clasificación taxonómica
 DominioEukaryota Editar o valor en Wikidata
Chatton, 1925 Eukaryota Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 2.700 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
 Período de aparición
Códigos e identificadores
Freebase/m/02lnk Editar o valor en Wikidata
MeSHD056890 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779413310 e C3018243681 Editar o valor en Wikidata
OTT304358 Editar o valor en Wikidata
EOL2908256 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

Os eucariotas son os organismos con células que conteñen un núcleo e outros orgánulos rodeados de membranas. Os eucariotas pertencen ao dominio Eukarya ou Eukaryota. A característica que os distingue dos procariotas (as bacterias e as arqueas) é a posibilidade de que teñan orgánulos rodeados de membrana, especialmente un núcleo celular e que contén o material xenético rodeado dunha membrana nuclear.[1][2][3] Estes organismos constan dunha ou máis células eucariotas, abranguendo dende organismos unicelulares ata verdadeiros pluricelulares nos cales as diferentes células especialízanse en diferentes tarefas e que, en xeral, non poden sobrevivir de forma illada.

Características

[editar | editar a fonte]

Pertencen ó dominio Eukarya os animais, as plantas, os fungos, así como varios grupos denominados colectivamente protistas. Todos eles presentan semellanzas a nivel molecular (estrutura dos lípidos, proteínas e xenoma) e comparten unha orixe común. Os eucariotas orixináronse hai 2,7 mil millóns de anos, despois de entre 1-1,5 mil millóns de anos de evolución dos procariotas.[4] Os fósiles máis temperáns, como os acritarcos son difíciles de interpretar. Formas que poden relacionarse inequivocamente cos grupos modernos comezaron a xurdir hai uns 800 millóns de anos, mentres que a maioría dos grupos fósiles xa se coñecen dende o final do Cámbrico, hai uns 500 millóns de anos.

Os eucariotas repártense entre catro reinos (Protista, Plantae, Animalia e Fungi), cinco, segundo Cavalier-Smith (os anteriores máis o reino Chromista), ou moitos máis (algúns consideran, pero non é punto de vista xeralmente aceptado, que é máis axeitado clasificalos en ata vinte reinos).

O reino Protista é un grupo parafilético que xunta aos eucariotas que non encaixan en ningún dos tres grupos; por esta razón a súa diversidade coincide coa diversidade fundamental dos eucariotas. A recente clasificación de Adl et al. (2005) evita a clasificación en reinos, substituíndoa por unha acorde coa filoxenia actualmente coñecida, na que por outra parte aos taxons non se lles atribúe xa categoría algunha, para evitar os inconvenientes que supón estas para a súa posterior actualización. Esta clasificación sería a seguinte:

Pódese ver que unha forma ameboide ou flaxelar non indica a pertenza a un grupo taxonómico concreto, como se pensaba en clasificacións tradicionais, creando grupos artificiais dende o punto de vista evolutivo (ver parafilia).

  1. Youngson, Robert M. (2006). Collins Dictionary of Human Biology. Glasgow: HarperCollins. ISBN 0-00-722134-7.
  2. Nelson, David L.; Cox, Michael M. (2005). Lehninger Principles of Biochemistry (4th ed.). New York: W.H. Freeman. ISBN 0-7167-4339-6.
  3. Martin, E.A., ed. (1983). Macmillan Dictionary of Life Sciences (2nd ed.). Londres: Macmillan Press. ISBN 0-333-34867-2.
  4. Cooper GM. The Cell: A Molecular Approach. 2nd edition. Sunderland (MA): Sinauer Associates; 2000. The Origin and Evolution of Cells. Dispoñible en: https://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK9841/
  5. Adl, Sina M.; Simpson, Alastair G. B.; Lane, Christopher E.; Lukeš, Julius; Bass, David; Bowser, Samuel S.; Brown, Matthew W.; Burki, Fabien; Dunthorn, Micah; Hampl, Vladimir; Heiss, Aaron; Hoppenrath, Mona; Lara, Enrique; le Gall, Line; Lynn, Denis H.; McManus, Hilary; Mitchell, Edward A. D.; Mozley-Stanridge, Sharon E.; Parfrey, Laura W.; Pawlowski, Jan; Rueckert, Sonja; Shadwick, Laura; Schoch, Conrad L.; Smirnov, Alexey; Spiegel, Frederick W. (2012-09-01). "The Revised Classification of Eukaryotes". Journal of Eukaryotic Microbiology 59 (5): 429–514. ISSN 1550-7408. doi:10.1111/j.1550-7408.2012.00644.x. Consultado o 2017-02-25.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Eukaryota en Uniprot, NCBI

Outros artigos

[editar | editar a fonte]