Saltar ao contido

Panteón de París

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panteón de París
O Panteón de París
Presentación
Nome localLe Panthéon
Localización Francia
DirecciónParís
Coordenadas48°50′46.5″N 2°20′46″L / 48.846250, -2.34611
Estiloneoclasicismo
Tipomausoleo
Construción
Inicio1758
Data da construción26 anos
Remate1790
Dimensións
Altura83
Lonxitude110
Equipo
Arquitecto(s)Jacques-Germain Soufflot
Jean-Baptiste Rondelet
París en Francia
París
París

O Panteón de París (en francés Le Panthéon) é un monumento da capital francesa, no quinto distrito (arrondissement), no chamado Barrio Latino, moi preto da Sorbona e dos liceos elitistas Louis Le grand e Henry IV.

A súa construción comezou en 1764 con Soufflot e durou 26 anos (foi rematada por Jean Baptiste Rondelet). É un dos primeiros monumentos neoclásicos de Francia. Inicialmente estaba previsto que fose unha igrexa adicada á patroa da cidade, Santa Xenoveva. Con todo a Revolución Francesa fixo que servise de templo para albergar os corpos dos homes ilustres da patria (no frontispicio está gravado «Aux grands hommes la patrie reconnaissante» («Aos grandes homes, a patria agradecida»).

Cando trala caída de Napoleón restaurouse o Antigo Réxime, recuperou o seu uso como igrexa, que persistiría durante a época do Segundo Imperio. Coa chegada da Terceira República Francesa foille devolto o seu uso laico con motivo do funeral de Victor Hugo.

O pórtico de columnas sobre o que descansa un frontón clásico está inspirado no Panteón de Agripa, en Roma, mentres que a cúpula inspírase na da catedral de San Paulo en Londres, sendo ámbalas dúas herdanza do Tempietto de San Pedro in Montorio de Bramante en Roma.

En 1851 Léon Foucault instalou o seu famoso péndulo coñecido como Péndulo de Foucault; fíxoo aquí debido a que a grande altura do inmoble facilitaba o experimento. Mediante este experimento conseguiuse demostrar a rotación da Terra e a existencia da forza de Coriolis. Dende 1995 este péndulo regresou ao Panteón.

Entre os soterrados no Panteón atópanse Voltaire, Rousseau, Marat, Victor Hugo, Émile Zola, Jean Moulin, Marie Curie, Louis Braille, Jean Monnet e Soufflot, o seu arquitecto.

O 30 de novembro de 2002 aloxouse no Panteón o cadaleito de Alexandre Dumas, o autor de Os Tres Mosqueteiros. O mesmo atopábase cuberto por un manto de veludo azul co lema dos mosqueteiros: «Un pour tous, tous pour un» («Un para todos, todos para un»). Os restos de Dumas descansaran ata ese momento no cemiterio de Villers-Cotterêts, en Aisne, Francia. No seu discurso, o Presidente Jacques Chirac dixo que con esta acción quedaba corrixida a inxustiza cometida co honor dun dos grandes escritores franceses.

Vista panorámica interior

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Historia e Información do Panteon de París