Saltar ao contido

Donato Bramante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDonato Bramante

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1444 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Fermignano (Ducado de Urbino) Editar o valor en Wikidata
Morte11 de abril de 1514 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Roma (Estados Pontificios) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura e pintura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecto, pintor, enxeñeiro Editar o valor en Wikidata
MovementoAlto Renacemento Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteTeutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) Traducir, (sec:Donato Bramante, 89)
Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori, (sec:V4.5, Bramante da Urbino architettore)
Enciclopedia Católica, (sec:Donato Bramante) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX853890

Donato d'Augnolo,[1] Donato dei Pascuccio d'Antonio[2] ou Donato dei Angelo dei Antonio, coñecido como Bramante e Bramante Lazzari,[1][3] nado en Fermignano, no Ducado de Urbino, en 1443 ou 1444[4] e finado en Roma o 11 de marzo de 1514,[5] foi un pintor e arquitecto italiano que introduciu o estilo do Primeiro Renacemento en Milán e o Alto Renacemento en Roma, onde a súa obra máis famosa foi o proxecto da basílica de San Pedro.

Tivo unha formación quattrocentista pero a súa plenitude artística alcanzouna no século XVI. A súa arquitectura está caracterizada pola severidade e o uso de planta central cuberta con cúpula.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Urbino e Milán

[editar | editar a fonte]

Bramante naceu en Monte Asdrualdo (hoxe Fermignano), preto de Urbino: aquí, na década de 1460, Luciano Laurana estaba a engadir ao palacio ducal un patio con arcos e outros elementos que parecen ser o verdadeiro toque dunha antigüidade renacida para o palacio ducal de Federico da Montefeltro.

A arquitectura de Bramante eclipsou as súas habilidades como pintor: coñeceu ben os pintores Melozzo da Forlì e Piero della Francesca, quen estaban interesados nas regras da perspectiva e as características ilusionistas da pintura de Mantegna. Ao redor de 1474, Bramante trasladouse a Milán, unha cidade cunha profunda tradición arquitectónica gótica, e erixiu varias igrexas no novo estilo. O duque, Ludovico Sforza, fíxoo virtualmente o seu arquitecto de corte, a partir de 1476, con encargos que culminaron no famoso coro en trompe-l'œil da igrexa de Santa Maria presso San Satiro (1482–1486). O espazo era limitado, así que Bramante fixo unha ábsida teatral en baixorrelevo, combinando as artes pictóricas da perspectiva con detalles romanos. Hai unha sancristía octogonal, coroada por unha cúpula.

En Milán, Bramante tamén construíu Santa Maria delle Grazie (1492-1499); outras obras temperás inclúen os claustros de Sant'Ambrogio, Milán (1497–1498), e algunhas outras construcións menores en Pavia e Legnano. Con todo, en 1499, o seu patrón Sforza foi expulsado de Milán polo exército francés invasor, e Bramante decidiu marchar a Roma, onde xa era coñecido polo poderoso cardeal Raffaele Riario.

Templo de San Pietro in Montorio

As súas obras máis destacadas atópanse en Roma. Alí foi axiña recoñecido polo cardeal Della Rovere, que despois se converteu no papa Xulio II.

En Roma a súa primeira obra foi froito do encargo dos Reis Católicos, que para conmemorar a toma de Granada decidiron levantar unha igrexa en honra do apóstolo san Pedro. No lugar en que se cre que foi martirizado construíuse en 1502 o templo de San Pietro in Montorio ou tempietto. Este templo foi case unha especie de proba por parte do papa Xulio II. Está considerado un dos edificios máis harmoniosos do Renacemento. A pesar do seu pequeno tamaño, a construción ten todas as proporcións rigorosas e a simetría das estruturas clásicas, rodeado por finas columnas toscanas, cunha cúpula por riba. Bramante planeou un patio con columnas que o rodease, pero puxéronse en marcha plans máis grandiosos: a basílica de San Pedro.

Bosquexo da planta da basílica de San Pedro, obra de Bramante.

En novembro de 1503, foi nomeado arquitecto pontificio, levando a cabo dúas intervencións: o chamado Palacio dos Papas e a nova basílica de San Pedro no Vaticano, proxecto este último que só chegou a comezar e que sería máis tarde continuado e modificado por Rafael, Antonio de Sangallo e Michelangelo, para ser concluído no século XVII por Carlo Maderno.

En efecto, o papa Xulio contratou a Bramante para a construción da obra arquitectónica europea máis grande do século XVI: a construción dunha nova basílica de San Pedro. A primeira pedra do cruceiro colocouse con cerimonia o 18 de abril de 1506. Sobreviven moitos debuxos de Bramante, e moitos máis de axudantes seus, o que demostra a extensión do equipo que reunira. A visión de Bramante para San Pedro, unha planta de cruz grega que simbolizaba a sublime perfección para el e a súa xeración (pode compararse con Santa Maria della Consolazione, en Todi, que influíu na obra de Bramante), foi fundamentalmente alterada pola extensión da nave despois da súa morte en 1514. O plan de Bramante prevía catro grandes capelas enchendo os espazos das esquinas entre os transeptos de igual tamaño, cada un deles cuberto por unha pequena cúpula que rodeaba a gran cúpula sobre o cruceiro. Así que o plan orixinal de Bramante era máis romano-bizantino nas súas formas que a basílica que finalmente se construíu.

Ocupado con San Pedro, Bramante tiña pouco tempo para outros encargos. Entre as súas primeiras obras en Roma, antes de emprender a construción da basílica, están os claustros de Santa María della Pace (1504), preto de Piazza Navona. As belas proporcións danlle un aire de gran simplicidade. As columnas da planta inferior están complementadas polas da primeira planta, que alternan con columnas máis pequenas colocadas centralmente sobre os arcos inferiores. Bramante é tamén famoso polo seu revolucionario deseño para o Palacio Caprini en Roma. Este palacio, erixido no rione de Borgo, xa non existe. Foi máis tarde propiedade do artista Rafael, e desde entón coñeceuse como a Casa de Rafael.

Principais obras arquitectónicas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Chisholm, Hugh, ed. (1911), "Bramante", Encyclopædia Britannica, 4 (11ª ed.), Cambridge University Press, p. 418
  2. Joseph Forsyth, Remarks on Antiquities, Arts, and Letters During an Excursion in Italy, in the Years 1802 and 1803, University of Delaware Press, 2001, p. 289.
  3. Baynes, T.S., ed. (1878), "Bramante", Encyclopædia Britannica, 4 (9th ed.), Nova York: Charles Scribner's Sons, pp. 213–214
  4. Reymond, Marcel (1914). Bramante et l'architecture italienne au XVIe siècle (en francés). París: Henri Laurens, editor. p. 16. 
  5. Davies e Hemsoll 1996, p. 642

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]