Pluvialis fulva
Pluvialis fulva Píllara dourada siberiana | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pluvialis fulva en plumaxe reprodutora en Alasca
| |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Pluvialis fulva Gmelin, (1789) | |||||||||||||||||||
Área de distribución de Pluvialis fulva
Área de cría. Área de migración. Área de invernada. Errante (estacionalidade incerta). | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
A píllara dourada siberiana,[2] nalgunhas fontes píldora dourada siberiana,[3][4] (Pluvialis fulva) é unha especie de ave da orde dos caradriformes, suborde dos caradrios e familia dos carádridos, unha das catro integradas no xénero Pluvialis.
É unha ave costeira migratoria que se reproduce durante o verán en Alasca e Siberia. Durante a época non reprodutiva, esta píllara de tamaño mediano migra cara ao Pacífico.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1789 polo naturalista e químico alemán Johann Friedrich Gmelin,[5][6][7] baixo o nome de Charadrius fulvus.[5]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[5]
- Charadrius fulvus Gmelin, 1789 (protónimo)
- Charadrius griseus Latham, 1801
- Charadrius xanthocheilus Wagler, 1827
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, ver Pluvialis.
O epíteto específico, fulva, é o nominativo feminino singular do adxectivo latino fulvus, -a, -um, "amarelado", "de cor dourada".[8]
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]O adulto mide de 23 a 26 cm de longo e presenta unha plumaxe de cor dourada e negra na cabeza, dorso e ás. A súa face e pescozo son negros cunha beira branca e a fronte, coxas e patas tamén son negras. En inverno perde a plumaxe escura e substitúeo por outro máis amarelado na face, coas partes inferiores de cor branca.
A súa envergadura alar media é de 61 cm. No seu estado máis lixeiro e sen graxa, as aves pesan uns 135 g. En marzo, as aves comezan a gañar peso. Antes de marchar para os seus lugares de cría do Ártico, as aves pesan uns 198 g.[9]
É similar ás outras dúas píllaras douradas, a píllara dourada europea (Pluvialis apricaria) e a píllara dourada americana (Pluvialis dominica). A siberiana é de menor tamaño e ten patas máis longas que a europea, que tamén ten plumas axilares brancas. Aseméllase moitísimo á americana, e nalgún momento foron considerados da mesma especie.[10] A píllara dourada siberiana ten complexión máis delgada que a especie americana, patas máis longas e un ton amarelo máis vivo na súa parte posterior.
Distribución
[editar | editar a fonte]Habita na tundra ártica, desde o extremo norte de Asia ata o oeste de Alasca. Fai o niño no chan, nunha zona seca aberta.
É unha ave migratoria e pasa o inverno no sur de Asia e en Australasia. Un número reducido de exemplares migra cara a California e Hawai, nos Estados Unidos. Tamén é unha ave accidental en Europa Occidental, incluída Galicia.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Aliméntase de insectos, crustáceos, arañas e froitos vermellos, que encontra na tundra, en campos, praias e outras zonas chairas, xeralmente localizándoos coa vista.[9][11]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se acerca aos limiares de vulnerable segundo o criterio do tamaño da área de distribución e, a pesar de que a tendencia da poboación parece estar diminuindo, non se cre que a diminución sexa o suficientemente rápida como para acercarse aos limiares de vulnerable de acordo co criterio de tendencia da poboación. Por estas razóns, o status da especie avalíase como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2019): Pluvialis fulva na Liata vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 9 de novembro de 2022.
- ↑ "LISTA DE LAS AVES DE ESPAÑA Edición de 2019 (nombres en gallego)" (PDF). p. 30. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de outubro de 2020. Consultado o 08 de outubro de 2020.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Pluvialis fulva (J. F. Gmelin, 1789) na BioLib. Consultada o 10 de setembro de 2922.
- ↑ Pluvialis fulva (Gmelin, 1789) no GBIF. Consultado o 10 de 2022.
- ↑ Pluvialis fulva (Gmelin, 1789) no WoRMS. Consultado o 10 de setembro de 2922.
- ↑ Jobling, James A (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, páxina 166.
- ↑ 9,0 9,1 Johnson, Oscar W. & Scott, Susan (2016): Hawai'i's Kōlea: The Amazing Transpacific Life of the Pacific Golden-Plover. Honolulu: University of Hawai'i Press. ISBN 978-0-8248-6696-9.
- ↑ Sangster, G.; Knox, A .G.; Helbig, A. J. & Parkin, D. T. (2002): "Taxonomic recommendations for European birds". Ibis 144 (1): 153–159.
- ↑ "Pluvialis fulva — Pacific Golden Plover" (en inglés). Australian Government: Department of Sustainability, Environment, Water, Population and Communities. Consultado o 6 de maio de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pluvialis fulva |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pluvialis fulva |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brazil, Mark (2009): Birds of East Asia Eastern. China, Taiwan, Korea, Japan, Eastern Russia. Helm Field Guides. London: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-7040-0.
- del Hoyo, J., Elliott, A. & Sargatal, J. (1996): Handbook of the Birds of the World, vol. 3: Hoatzin to Auks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7.