Pluvialis dominica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Píldora dourada americana
Píldora dourada americana fotografada na Serra da Capelada
Píldora dourada americana fotografada na Serra da Capelada
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Charadriidae
Xénero: Pluvialis
Especie: P. dominica
Nome binomial
Pluvialis dominica
(Müller, 1776)

A píldora dourada americana (Pluvialis dominica) é unha especie de ave Charadriiforme da familia Charadriidae.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Pluvialis dominica a punto de iniciar o voo.
Nótese a cor escura da plumaxe na zona posterior das axilas.

É unha ave de mediano tamano cun peso de 122-194 gramos, unha lonxitude de 23 a 30 cm e unha envergadura alar de entre 45,7 e 66 cm.[2] É moi semellante a outras dúas especies de píldoras de Eurasia e do Pacífico. A píldora dourada americana é mais pequena, mais delgada e ten as patas lixeiramenta mais longas cá píldora dourada europea -Pluvialis apricaria-, que tamén se diferencia por ter as plumas axilares de cor branca. É moi semellante á píldora dourada siberiana -Pluvialis dominica fulva- que noutros tempos eran consideradas da mesma especie.[3] A píldora dourada siberiana é mais delgada cá especie americana, ten un peteiro mais curto, as patas mais longas e a cor da súa plumaxe é polo xeral mais amarelo na súa parte posterior. Durante a tempada reproductora estas tres especies amosan un marcado dimorfismo estacional no que amosan unha plumaxe moi paecida: partes inferiores negras e rostro negro beireado de branco, cun moteado amarelo no dorso e na parte superior das ás.

Alimentación[editar | editar a fonte]

Aliméntanse, xeralmente guiadas pola súa aguda vista, de insectos, vermes, crustáceos e outros invertebrados. Para buscar o seu alimento frecuentan as pradarías, as praias e as chairas intermareales. Durante a época de cría tamén se alimentan de bagas na tundra ártica.[2]

Hábitat e reprodución[editar | editar a fonte]

Niño descuberto con catro ovos.

Cría nas áreas secas da tundra ártica e inverna nas costas, marxais e, ás veces, en pradarías. Emigra a grandes distancias co potente voo das súas puntiagudas ás.

O hábitat reprodutivo da píldora dourada americana é a tundra ártica do norte de Canadá e Alasca. Fan os eu niño no chan, nunha zona aberta e enxoita. Son unha especie migratoria que pasa o inverno boreal en Uruguay, o sur de Brasil, sueste de Paraguai e norte de Arxentina.[4] Para isto seguen unha ruta de migración elíptica; as aves en voo cara ao norte pasan a través de América Central entre os meses de xaneiro e abril[5] e fan unha escala para alimentarse e descansar no interior dos Estados Unidos, nos estados de Indiana e Illinois.[6] No outono boreal, toman unha ruta mais ao este, voando principalmente sobre a marxe oeste do Océano Atlántico e do mar Caribe ás zonas de invernada nas chairas do curso medio e baixo dos ríos Paraná e Uruguai. É bastante habitual observar exemplares divagantes desta especie no oeste de Europa.[2]

Unha comparación das datas e padróns migratorios conduce á conclusión de que os mazaricos esquimós e as pildoras douradas americanas foron as aves costeiras que probablemente chamaron a atención de Cristóbal Colón sobre da proximidade á terra firme na súa primeira viaxe en 1492, despois de 65 días no mar.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Pluvialis dominica". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 25 de maio 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Cussen, Amber. "Animal Diversity Web". Pluvialis dominica - American golden plover. Consultado o 13 de febreiro de 2018. 
  3. Reviewed in Sangster et al. (2002).
  4. The Cornell Lab of Ornithology. "All about birds". American Golden-Plover. Consultado o 13 de febreiro de 2018. 
  5. Strewe & Navarro (2004), Herrera et al. (2006)
  6. Michael P., Ward; Thomas J., Benson; Tara A., Beveroth; Tyson R., Dallas; Jill L., Deppe; Mark G., Alessi; Benjamin J., O’Neal; Kirk W., Stodola (12 de febreiro de 2014). "Stopover ecology of American Golden-Plovers ( Pluvialis dominica )in Midwestern agricultural fields". The Condor 116: 162–172. doi:10.1650/CONDOR-13-114.1. 
  7. J.B. Gollop, T.W. Barry, & E.H. Iversen (1986). "Eskimo Curlew - A vanishing species? : The Eskimo Curlew's Year - Introduction to Oceanic Migration". Nature Saskatchewan & United States Geological Survey. Arquivado dende o orixinal o 20 de septembro de 2008. Consultado o 22 de dicembro de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]