Saltar ao contido

Ovambolandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaOvambolandia
Owamboland (de) Editar o valor en Wikidata

EpónimoOvambos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 17°55′00″S 15°57′00″L / -17.916667, 15.95
CapitalOndangwa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Kaokoland (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1973 Editar o valor en Wikidata
Disoluciónmaio de 1989 Editar o valor en Wikidata

Ovambolandia,[1] tamén coñecida como Ovamboland e Owamvoland, é o nome dunha rexión do norte de Namibia, na fronteira con Angola, habitada maioritariamente por comunidades da etnia dos ovambo.

A rexión é xeralmente definida como o segmento máis setentrional do país que se atopa fronte á fronteira entre Namibia e Angola.[2]

Ovambolandia é a rexión máis densamente poboada de Namibia.[2]

O termo referiuse orixinalmente ás partes do norte de Namibia habitadas polo grupo étnico ovambo, especialmente a área controlada polos reinos tradicionais ovambo en tempos precoloniais e coloniais, como Ondonga, Ongandjera, que foi o berce de Sam Nujoma, o primeiro presidente do país,[3] e Oukwanyama,[2] e remóntase ás épocas da colonización alemá e da ocupación suarfricana, pero hoxe tamén é utilizado case sen excepción polos propios ovambo, así como por todos os demais grupos étnicos de Namibia.[4]

A chamada "cerca veterinaria de Namibia", que, en termos agrícolas, separa o norte do país do sur para reter enfermidades animais xeneralizadas no norte, adoita considerarse a fronteira sur de Ovambolandia. Situada no sur de Ovambolandia e na estrada principal norte-sur, a localidade de Oshivelo agora é considerada a "porta de entrada de Ovambolandia".[4]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A supeficie da rexión (e do bantustán) é de 52 072 km². No ano 1969 contaba cunha poboación de 239 000 habitantes. A súa capital era Ondangua (ás veces escrito Ondangwa), unha pequena vila preto da fronteira con Angola.

A día de hoxe, a antiga Ovambolandia forma parte da rexión de Ohangwena, unha das catorce rexións administrativas de Namibia, creada en 1992. A súa superficie é máis reducida ca do bantustán, 10 706 km², e no ano 2001 contaba cunha poboación de 227 728 habitantes. A súa capital é a cidade de Eenhana, situada no centro da rexión.

Unha característica paisaxística especial de Ovambolandia é a gran cantidade de palmeiras "makalani" (Hyphaene petersiana). Ademais, o uso das terras locais en gran parte aínda sen facendas ou pastos cercados é un forte contraste co resto de Namibia.[4]

Colonización, colonialismo e apartheid

[editar | editar a fonte]

A zona ao suroeste do río Okavango e ao norte da chaira de Etosha estivo poboada polos ovambo entre os séculos XV e XVI. Desde que os ovambo se ocupron, ademais da gandaría, á labranza das terras cultivábeis, foron relativamente sedentarios. Non foi até o século XIX en que os primeiros europeos chegaron á zona de asentamento dos ovambos. Entre os primeiros estiveron o explorador, antropólogo e xeógrafo británico Francis Galton, o explorador e cazador sueco Karl Johan Andersson, e o misioneiro, lingüista e explorador alemán Carl Hugo Hahn. Pronto foron seguidos por misioneiros fineses da Sociedade Misioneira Finesa, que estableceron a súa primeira misión en 1870. Despois seguiron os comerciantes, que adquirían principalmente produtos como o marfil e plumas de avestruz a cambio de armas, municións, roupa ou cabalos.[4]

Durante a época colonial alemá na actual Namibia, así como do dominio simultáneo portugués na veciña Angola, os gobernantes locais dos ovambo estiveron cada vez máis comprometidos en subministrar os seus súbditos durante un período limitado de tempo aos gobernantes coloniais como traballadores. Tratábse principalmente de homes novos, que logo foron postos uns anos ao servizo dos alemáns ou dos portugueses.[4]

No ano 1897 chegou a Ovambolandia un xabaríl enfermo, que deu lugar a un gromo de epidemia no gando como consecuacia do cal morreron o 90 % de todos os animais. Por outra parte, un período moi longo de seca, ocorrido ao redor da mesma época, provocou o colapso case completo da economía da zona.[4]

Ao final do séculos XIX e principios do XX, a potencia colonial alemá estableceu algúns puntos de control na fronteira sur da zona, especialmente para controlar o movemento de gando desde e cara á rexión. Os alemáns nunca tomaron medidas serias para poñer Ovambolandia baixo o seu pleno control, e moito menos colonizala. Só o maior Franke realizou algunhas viaxes á rexión. Só en 1908 asináronse contratos oficiais de protección cos reis de dos ovambo.[4][5]

Despois de que a Deutsch-Südwestafrika (a África Suroccidental alemá) fora conquistada en 1915 pola Unión Surafricana durante a primeira guerra mundial, os ocupantes surafricanos limitáronse inicialmente a patrullar na rexión dos ovambo. Pero a actitude de Suráfrica en Ovambolandia cambiou en 1916, cando o rei dos kwanyama Mandume Ndemufayo venceu na súa loita contra os portugueses de Angola, e numerosas armas foron capturadas e o país foi considerado polos sudrafricanos como unha ameaza.[4]

Localización dos bantustáns en Namibia, de acordo co Plan Odendaal. Ovambolandia está no centro norte.

Os surafricanos déronlle un ultimato a Ndemufayo para que se sometera voluntariamente ás forzas ocupantes surafricanas e, despois de non lograr o efecto esperado, en febreiro de 1917 a Forza de Defensa da Unión Surafricana enviou a máis de 800 soldados a Ovambolandia, que derrotaron aos kwanyama, e Ndemufayo foi asasinado. O daquela comandante da administración militar británica surafricana, o coronel de Jager, proclamouse despois da campaña como rei dos ovambo, que foron entón desarmados e enviados en gran número, como "traballadores contratados estranxeiros", ao sur.[4]

Mandato da Sociedade de Nacións

[editar | editar a fonte]

En 1919, a administración da antiga África do Suroeste alemá foi outorgada á Unión Surafricana por un mandato da Sociedade das Nacións.[4]

Nas décadas seguintes, as restricións e controis en Ovambolandia foron ampliadas constantemente, alcanzando o seu máximo en 1964 tras a aplicación da política do apartheid.[4]

Entre 1973 e 1989, durante o réxime do apartheid imposto pola República de Suráfrica, a rexión constituíu un bantustán homónimo, "patria" (homeland) dos ovambo, establecido en 1968,[6] até 1973.[7][8]

Independencia nominal e status actual

[editar | editar a fonte]

En 1973 foille outorgada a independencia nominal, como República de Ovambolandia (IRiphabliki ye Ovamboland), aínda que non foi recoñecido como estado pola comunidade internacional. As eleccións dese ano, promovidas polo goberno de Suráfrica, foron boicoteadas e tan só votou o 2,5 % dos electores. Ao igual que todos os demais bantustáns de África do Suroeste, foi disolto como país e como organización administrativa en maio de 1989, ao principio do período de transición á independencia de Namibia.

Na actualidade o territorio deste bantustán está distribuído entre catro das 13 rexiónes administrativas de Namibia: Oshikoto, Ohangwena, Omusati e Oshana.

  1. Asamblea Xeral das Nacións Unidas (1977). "Informe del Comité Especial encargado de examinar la situación con respecto a la aplicación de la declaración sobre la concesión de la independencia a los países y pueblos coloniales". Suplemento nº 23 (Nova York: ONU): 125. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 5 de setembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Patrica Hayes 2000, pp. 329–330.
  3. "Sam Nujoma". Encyclopædia Britannica. Chicago: Encyclopædia Britannica, Inc. 2007. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 Livia e Peter Pack (2004): Namibia, 2ª ed. Köln: DuMont. ISBN 3-7701-6137-8.
  5. Michael Pesek (2005): Koloniale Herrschaft in Deutsch-Ostafrika. Expeditionen, Militär und Verwaltung seit 1880. Frankfurt am Main: Campus Verlag. ISBN 3-5933-7868-X.
  6. Gregor Dobler (2014): Traders and Trade in Colonial Ovamboland, 1925–1990. Basel: Basler Afrika Biographien. ISBN 978-3-9057-5840-5, p. 89.
  7. André du Pisani (1985): SWA/Namibia: The Politics of Continuity and Change. Johannesburg: Jonathan Ball Publishers. ISBN 978-0-8685-0092-8, pp. 229–230.
  8. Staatspresident van die Republiek van Suid-Afrika (30-07-1976). "Proklamasies No. R 138, 1976: Wysiging van die Owambo-Grondwet-Proklamasie, 1973 (Amendment of the Owambo Constitution Proclamation 1973)" (pdf, 1,6 MB). Staatskoerant van die Republiek van Suid-Afrika, Regulasiekoerant Nº 2344. pp. 1–2. Consultado o 6 de setembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Johannes Paul (1933). "Wirtschaft und Besiedelung im südlichen Amboland". Wissenschaftliche Veröffentlichungen des Museums für Länderkunde zu Leipzig. N. F. 2. Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  • Johannes Paul (1936): Deutsch-Südwestafrika. En: Carl Petersen, Otto Scheel, Paul Hermann Ruth & Hans Schwalm (eds.): Handwörterbuch des Grenz- und Auslandsdeutschtums, Volume II. Breslau: Ferdinand Hirt Verlag, pp. 262–278.
  • Joachim Fernau, Kurt Kayser & Johannes Paul, eds. (1942): Afrika wartet. Ein kolonialpolitisches Bildbuch. Postdam: Rütten & Loening Verlag.
  • Patricia Hayes (2000): "'Cocky' Hahn and the 'Black Venus': the making of a Native Commissiona in South WEest Africa". En: Hall, Catherine, ed. Cultures of Empire: A Reader: Colonizers in Britain and the Empire in the Nineteenth and Twentieth Centuries. Nova York: Routledge Books. ISBN 978-0-4159-2907-3.
  • Nick Santross, Gordon Baker & Sebastian Ballard (2001): Namibia Handbook. 3ª ed. Bath, England: Footprint Handbooks. ISBN 1-9009-4991-1, pp. 177 e ss.
  • Heinrich Vedder (1981): Südwestafrikas Geschichte bis zum Tode Mahareros 1890. 1ª parte. Namaland and Hereroland, Amboland. Capítulo 1. Entdeckung und Erforschung. Windhoek: SWA Wissenschaftliche Gesellschaft. ISBN 978-0-9499-9533-9, pp. 18–40.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]