Sociedade de Nacións
| Sociedade de Nacións | |
|---|---|
Bandeira | |
|
Instancia de
| |
|
Lingua oficial
| |
|
Ideoloxía política
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Cargo dirixente
| |
|
Presidente/a
Seán Lester 31 de agosto de 1940 - 18 de abril de 1946
Joseph Avenol (pt) Eric Drummond, 7th Earl of Perth (pt) | |
|
Secretario/a
| |
| Actividade | |
|
Industria
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
|
Disolución
| |
|
Substituído por
| |
| Premios | |
|
Nomeamentos
Premio Nobel da Paz (1925) | |
| Localización | |
|
Sede
| |
|
País
| |
| Fontes e ligazóns | |
| Wikidata G:Commons C:Commons |
A Sociedade de Nacións foi concibida ideoloxicamente no decurso da primeira guerra mundial, cando líderes coma o presidente estadounidense Thomas Woodrow Wilson comezaron a defende-la necesidade dunha organización supraestatal responsábel de resolución de potenciais conflitos entre as distintas nacións.
Durante as negociacións de paz de outubro de 1918, Woodrow Wilson propuxo os seus catorce puntos entre os que figuraba a creación dunha Liga das Nacións. A liga foi fundada axiña, na conferencia de Paz de París que tivo lugar en 1919, establecéndose a sede xeral en Xenebra (Suíza).[1][2] O pacto foi promovido por Wilson e Léon Bourgeois, da delegación francesa, que recibiron por isto o premio Nobel en 1920, ademais doutros 16 representantes de 13 delegacións internacionais.[1]
Entre os seus propósitos figuraban a promoción de vía diplomática en prol de solucionar os conflitos, de tal xeito que se acordou embargar comercialmente a aqueles países que declarasen guerras[Cómpre referencia].
Porén, a liga endexamais contou con forzas internacionais. Os mesmos EUA negáronse a participar ao negárense a asinar o Tratado de Versalles. Así a todo, cóntanse certos éxitos diplomáticos da liga: a mediación para evitar a guerra entre o Iraq e Turquía, Grecia e Bulgaria e Polonia e Lituania, todos eles conflitos fronteirizos. Porén, nunca foi quen de deter as arelas militaristas de Italia, o Xapón e Alemaña. Durante a segunda guerra mundial estivo inactiva e logo foi substituída polas Nacións Unidas.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Antecedentes históricos". www.ungeneva.org (en castelán). Consultado o 2024-12-14.
- ↑ "Los tratados de paz". web.archive.org. 2017-02-11. Archived from the original on 11 de febreiro de 2017. Consultado o 2024-12-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sociedade de Nacións |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Sociedade de Nacións". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 80 anos dende que Galicia é, oficialmente, nación - Praza Pública, sobre o recoñecemento de Galicia como "nación europea" pola Liga das Nacións.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |