Navío, San Amaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Navío
Igrexa de San Fiz de Navío, San Amaro.jpg
Igrexa de San Fiz de Navío.
Concello San Amaro
Poboación 69 hab. (2017)
Entidades de poboación 15

San Fiz de Navío é unha parroquia do concello de San Amaro na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE no ano 2009 tiña 90 habitantes, deles 49 eran homes e 41 eran mulleres, distribuídos en 15 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1999 cando tiña 115 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Ata ben avanzado o século XIX, formaba parte da xurisdición de Roucos, sobre a que tiña señorío o Conde de Ribadavia, que en San Fiz compartía con Pedro de Toubes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Igrexa de San Fiz de Navío, románica, situada nunha das abas que miran ao río Avia. Planta dunha soa nave e ábsida rectangular. Na fachada ten escudo e dobre arquivolta sobre a porta occidental, de arco de medio punto e tímpano con cruz con catro pombas aos lados. Unha cruz patriarcal remata a espadana, ao igual que na ábsida, que ten tamén o año pascual. No interior arco de medio punto peraltado no presbiterio e bóveda de nervios de estilo gótico.
  • Casa da Touza, do século XVII. Barroca con cheminea monumental, destaca a torre de planta cadrada. Ten un pombal de cantería.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Navío[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Navío no concello de San Amaro

Barrio | A Brea | Calve | O Campo da Festa | A Carballeira | As Casas Novas | O Outeiro | A Quintá | A Reguenga | Sandulces | Sergude | Sobrado | A Touza | Ventoselo | As Viñas

Parroquias de San Amaro[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de San Amaro

Anllo (Santiago) | O Barón (San Fiz) | Beariz (San Martiño) | Eiras (Santa Ouxea) | Grixoa (Santa María das Neves) | Las (San Cibrao) | Navío (San Fiz) | Salamonde (Santa María)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]