Os xirasoles cegos
Os xirasoles cegos | |
---|---|
Tipo | filme ![]() |
Xénero artístico | cinema dramático e adaptación cinematográfica ![]() |
Lingua orixinal | lingua castelá ![]() |
Autoría | |
Director/a | José Luis Cuerda ![]() |
Compositor/a | Lucio Godoy ![]() |
Guionista | Rafael Azcona e José Luis Cuerda ![]() |
Director/a fotografía | Hans Burmann ![]() |
Deseñador/a son | Ricardo Steinberg (pt) ![]() ![]() |
Editor/a de cine | Nacho Ruiz Capillas ![]() |
Deseñador/a produción | Emiliano Piedra (pt) ![]() ![]() |
Deseñador/a vestiario | Sonia Grande (pt) ![]() ![]() |
Actores
| |
Temática | |
Tema principal | Guerra Civil Española ![]() |
Ambientado en | Galicia ![]() |
Baseado en | The Blind Sunflowers (en) ![]() ![]() |
Inspirado na obra de | Alberto Méndez ![]() |
Publicación | |
País orixe | España ![]() |
Distribuidor/a | Netflix ![]() |
Formato de distribución | vídeo baixo demanda ![]() |
Dimensións | |
Duración | 1 hora e 38 minutos ![]() |
Localización | |
Localización rodaxe | Madrid e Galicia ![]() |
Premios | |
Premios
| |
Nomeamentos
| |
Contacto | |
Páxina WEB | girasolesciegos.com… ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Os xirasoles cegos é unha coprodución galega de 2008, dirixida por José Luis Cuerda, baseada na novela homónima de Alberto Méndez. Foi rodada en lingua castelá en Ourense (entre outras localizacións) no verán de 2007, a súa estrea foi o 29 de agosto de 2008. Está protagonizada por Maribel Verdú e Javier Cámara, e no seu elenco figuran ademais actores galegos coma Martiño Rivas ou José Ángel Egido.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Ambientada na posguerra, Os xirasoles cegos conta a historia de Elena (Maribel Verdú), nai dun fillo pequeno, Lorenzo (Roger Princep), e cuxa filla máis vella adolescente, Elenita (Irene Escolar), fuxiu embarazada co seu mozo Lalo (Martiño Rivas), perseguido pola policía.
Tamén o seu marido Ricardo (Javier Cámara) vive agochado, neste caso nun buraco no dormitorio da parella, de xeito que Salvador (Raúl Arévalo), un diácono que pensa en colgar os hábitos, pensa que é viúva, obsesiónase con ela e comeza a acosala.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Maribel Verdú como Elena López Reinares
- Javier Cámara como Ricardo Mazo Torralba
- Raúl Arévalo como Salvador
- Roger Príncep como Lorenzo Mazo López
- Martiño Rivas como Eulalio 'Lalo' Peciña
- Irene Escolar como Elena Mazo López
- José Ángel Egido como reitor
- Ricardo de Barreiro como Fernández
Premios
[editar | editar a fonte]- Optou a 15 premios Goya en 2008, pero só acadou un, o de guión adaptado, para José Luis Cuerda e Rafael Azcona.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 81ª edición dos Óscar