Orgullo e prexuízo (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Orgullo e prexuízo
Primeira edición da novela.
Título orixinalPride and Prejudice
Autor/aJane Austen
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
EditorialThomas Egerton
Data de pub.1813
Precedido porSense and Sensibility
Seguido porMansfield Park
TraduciónGalicia José Díaz Lage (2005)
editar datos en Wikidata ]

Orgullo e prexuízo (en inglés: Pride and Prejudice) é unha novela romántica do 1813 de Jane Austen. Nela, exponse o desenvolvemento emocional da súa protagonista Elizabeth Bennet, quen aprende o erro de xulgar de forma precipitada e entre a diferenza entre o superficial e o esencial. A comedia da escritura encóntrase na representación dos modos, do matrimonio e do diñeiro durante a era de Rexencia en Gran Bretaña.

O señor Bennet de Longbourn ten cinco fillas pero ningunha delas pode herdar as súas propiedades. A súa muller non ten fortuna, polo que é imprescindible que polo menos unha das mozas case ben para apoiar os demais logo da súa morte. A liña de apertura de Jane Austen: "É unha verdade universalmente recoñecida, que un só home en posesión dunha boa fortuna, debe estar a vontade dunha esposa", é unha frase chea de ironía e alegría. A novela xira en torno á importancia de casar co amor, non simplemente polo diñeiro, a pesar das presións sociais para facer un bo xogo (é dicir, rico).

Orgullo e prexuízo leva fascinando os lectores durante moito tempo, aparecendo constantemente nas listas de "libros máis queridos" entre os estudosos literarios e o público en xeral. Converteuse nunha das novelas máis populares de literatura inglesa, con máis de 20 millóns de copias vendidas e abriu o camiño para moitos arquetipos que abundan na literatura moderna. Durante máis dun século, as adaptacións dramáticas de afeccionados e profesionais, as continuacións e as secuelas de imaxes e as versións cinematográficas e televisivas de Orgullo e prexuízo retrataron os personaxes e temas memorábeis da novela para chegar ao público masivo. A película de 2005 protagonizada por Keira Knightley e Matthew Macfadyen, é a adaptación máis recente de Hollywoood.

Xénese[editar | editar a fonte]

Cando Jane Austen escribiu Orgullo e prexuízo apenas tiña vinte anos, e compartía habitación coa súa irmá. Escribía en simples cadernos. A primeira redacción da obra data do ano 1796; inicialmente recibiu o título de First Impressions (Primeiras impresións), pero nunca foi publicada con ese nome. Esta primeira versión da novela xa estaba esbozada por Jane Austen aos 21 anos. En 1797 o pai de Jane ofreceulla a un editor, que a rexeitou.

Jane Austen revisou a obra en 1809-1810 e de novo en 1812, e ofreceulla entón, co apoio do seu irmán Henry, a outro editor, que publicara Sentido e sensibilidade o ano anterior.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A familia Bennet reunida

A novela describe pouco máis dun ano na vida dun grupo de mozos no campo preto de Londres no cambio de século (do XVIII ao XIX), durante o reinado de Xurxo III. No centro desta sociedade atópase a familia Bennet, coas súas cinco fillas casadeiras, de entre 15 e 23 anos (de maior a menor: Jane, Elizabeth, Mary, Catherine e Lydia). A señora Bennet ve o matrimonio como a única esperanza para as súas fillas, pois tras a morte do señor Bennet as mozas quedarán abandonadas á súa sorte cando William Collins, primo das raparigas, herde todo debido a que a propiedade forma parte dun morgado do que é beneficiario. O morgado só se transmíte por liñaxe masculina, de maneira que, ao falecemento do pai, a nai e as fillas perderán a maior parte da fortuna e o dereito a habitar a propiedade. A señora Bennet está moi emocionada polas noticias da chegada dun home solteiro «de considerable fortuna» (cinco mil libras anuais) á veciñanza: Charles Bingley. O señor Bingley alugou a propiedade Netherfield, onde planea establecerse temporalmente coas súas dúas irmás, a señorita Bingley e a señora Hurst, así como o seu cuñado, o señor Hurst. A señora Bennet espera casar algunha das súas fillas co señor Bingley.

Pouco despois, Bingley e o seu grupo, que agora inclúe o seu amigo íntimo, Fitzwilliam Darcy, acoden a un baile público na vila de Meryton. Ao principio, Darcy suscita admiración debido á súa elegante figura e os seus ingresos de dez mil libras ao ano. No entanto, rapidamente os veciños considérano orgulloso, alguén que os despreza como socialmente inferiores. De feito, así o considera a familia Bennet cando Elizabeth oe a Darcy declinar a suxestión de Bingley de que a saque a bailar, pois non a atopa suficientemente fermosa para merecer a súa atención. Este comentario férea no seu orgullo e aproveita calquera ocasión para facer uso do seu enxeño, permitíndose ironías que bordean o inadmisible nunha moza. Bingley, pola súa banda, resulta moi agradable, e aínda que baila con varias das rapazas dispoñibles no lugar, desde o principio mostra unha decidida admiración por Jane Bennet, a maior das irmás. Desexosa de animar esta unión tan vantaxosa, a señora Bennet tenta forzar que Jane e Bingley se poidan ver de novo. Para a súa dita, despois do primeiro baile, Jane é convidada a Netherfield, onde chega enferma de pneumonía, polo que Elizabeth camiña ata alí a coidala. Isto provoca burlas por parte das irmás de Bingley, pero esperta certa admiración en Darcy, que non pode deixar de mirala. Durante os días seguintes, conversan moito mentres ela se atopa coidando á súa irmá enferma e case sempre terminan discutindo, o cal molesta a Elizabeth e provoca que Darcy a admire polo seu enxeño e viveza, ademais de polos seus expresivos ollos.

Pouco despois do baile, o señor Collins, quen herdará o patrimonio Bennet, visita á familia. Collins é unha figura cómica, un clérigo pomposo e bufón cuxa idea dunha tarde amena é ler ás súas curmás os Sermóns de Fordyce; e comprácese en mencionar continuamente o nome da súa gran patroa, a condesa Lady Catherine de Bourgh.[1] Seguindo a imperiosa suxestión de Lady Catherine de que debe casar, Collins decide compensar o seu papel no futuro empobrecimiento das súas primas casando cunha delas.

Durante unha velada, o señor William Lucas suxire a Elizabeth como compañeira de baile para Darcy e esta rexéitao; con todo, durante un segundo baile celebrado en Netherfield, el pídelle un baile e ela acepta. Durante o baile discuten friamente. Darcy cada vez a admira máis, aínda que non deixa de notar o terrible comportamento das irmás máis novas e dos pais. O señor Collins propón matrimonio a Elizabeth, pero esta rexéitao de maneira tallante e o señor Bennet, quen non sente gran simpatía polo seu sobriño, apoia a decisión da súa filla favorita.

Mentres tanto, Elizabeth empeza a sentirse atraída por un oficial recentemente chegado, o señor George Wickham, quen en pouco tempo gaña o aprecio e a simpatía dos aldeáns coa súa amabilidade e carisma. Tras saber que o señor Darcy se encontra no lugar, relata a Elizabeth como foi privado da súa lexítima herdanza por este. Con isto fortalécese a reprobación de Elizabeth cara a Darcy, dados os prexuízos que ten na súa contra. Collins casa con Charlotte Lucas, a mellor amiga de Elizabeth, quen acepta o seu ofrecemento cunha estimación realista das súas opcións, dado que xa cumpriu 27 anos e só ten unha pequena dote.

O señor William Lucas suxire a Elizabeth como compañeira de baile para o señor Darcy.

De súpeto, Bingley decide retornar a Londres, Elizabeth visita a Charlotte, que vive agora baixo o dominio da tía de Darcy, Lady Catherine, unha muller afeita a impor a súa vontade sobre a vida do resto. Estando con eles, Darcy visita á condesa e alóxase na súa casa na propiedade veciña, Rosings. Elizabeth e Darcy vense obrigados a verse frecuentemente. Un día o Coronel Fitzwilliam, primo de Darcy, revela durante unha conversación con Elizabeth que oíu dicir a este que librou a un bo amigo dun matrimonio inconveniente, o que confirma as sospeitas da moza respecto da súa responsabilidade nas penas da súa irmá. Paralelamente, os encantos de Elizabeth acaban seducindo ao señor Darcy, o que provoca que finalmente lle declare o seu amor.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]