Saltar ao contido

Orchestre de la Suisse Romande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orchestre de la Suisse Romande
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Orchestre de la Suisse Romande (fr) Editar o valor en Wikidata
 Medio usado
Características
 Xénero artístico
Datas
 Fundación / creación
1918 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1918 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Lugar de formación
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF130027810 Editar o valor en Wikidata
ISNI000000012156871X Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03hwf1 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: orchestredelasuisseromande Twitter: OSRorchestre Instagram: osr_orchestre BNE: XX123131 Spotify: 4NzLn7UyhvBlgzhF7WwMM1 Musicbrainz: 9914f9f9-36c0-4156-8799-6544c60ab08c Songkick: 623 Discogs: 271870 IMSLP: Category:Orchestre_de_la_Suisse_Romande Allmusic: mn0000153577 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Orchestre de la Suisse Romande ou OSR (en galego Orquestra da Suíza Francófona) é unha orquestra sinfónica da cidade de Genève (Suíza). Amais de concertos de música sinfónica, que teñen lugar no Victoria Hall, a OSR actúa nas producións operísticas e de ballet do Grand Théâtre de Genève. A súa actividade concertística esténdese ata a cidade de Lausana, onde ofrece concertos no Palais de Beaulieu. Ten realizado xiras por Europa, América do Norte e o Extremo Oriente. Actualmente está rexida por unha fundación privada.

A Orchestre de la Suisse Romande foi fundada o 30 de novembro de 1918 por Ernest Ansermet, e inicialmente contaba cun equipo de 48 intérpretes e unha tempada de seis meses de duración. Aemais de músicos suízos, a OSR acolleu inicialmente músicos doutros países como Austria, Francia, Alemaña ou Italia. Ansermet incrementou gradualmente o número de músicos suízos na orquestra, acadando un 80% en 1946.[1] Ansermet permaneceu como director musical da orquestra durante 49 anos, de 1918 a 1967.

En 1938, a orquestra fusionouse con outra orquestra de radio con base en Lausana. A continuación, a OSR comezou a transmitir regularmente os seus concertos pola radio suíza.[1] A orquestra mantivo durante un longo tempo un contrato de gravación coa discográfica británica Decca, dende a época de Ansermet, e que produciu máis de 300 gravacións, comezando en 1947 con La mer, de Debussy.[2] A OSR estreou moitas obras de compositores suízos, como Arthur Honegger, Frank Martin ou Heinz Holliger. Durante o mandato de Armin Jordan (1985-1997), a OSR continuou gravando para o selo Erato.[3] Durante a segunda guerra mundial, moitos directores alemáns trasladaron a súa residencia a Suíza. Wilhelm Furtwängler converteuse nun director convidado frecuente pola orquestra, dirixindo o seu repertorio predilecto de compositores como Beethoven, Brahms e Richard Strauss. Mesmo Carl Schuricht foi director convidado dirixindo a música de Bruckner e Mahler.

Dende o 2005, o seu director artístico e musical é Marek Janowski, que realizou coa orquestra distintas gravacións para o selo Pentatone.[4][5] En setembro do 2008, Janowski extendeu o seu contrato ata o ano 2015, aínda que posteriormente, en xaneiro do 2010, o director e a orquestra acordaron concluír a súa relación logo da tempada 2011-12.[6] Tralo anuncio da saída de Janowski no 2012, os intentos da OSR por asegurar a Bertrand de Billy[7] e Kazuki Yamada[8] como futoros directores artísticos da formación non chegaron a bo termo. Porén, en setembro do 2010, a OSR nomeou a Neeme Järvi como o seu noveno director artístico, con efecto dende xaneiro do 2011, e como director musical a partir da fin do contrato de Janowsky.[9][10] Paralelamente, Yamada foi nomeado principal director convidado, cun contrato inicial de tres anos (ao igual que Järvi).[9]

Directores musicais

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 European Radio Orchestras. III en Musical Times
  2. David Gutman, Historic Recordings en Gramophone
  3. A New Leader Carries On An Orchestra's Tradition no New York Times
  4. L'Orchestre de la Suisse Romande: Swiss orchestra seeking a role
  5. Bruckner: Symphony No 5, CD review
  6. "Marek Janowski quittera l’OSR en 2012". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 09 de novembro de 2011.
  7. "Bertrand de Billy ne viendra pas à l’OSR". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 09 de novembro de 2011.
  8. "Le jeune Kazuki Yamada est proposé pour diriger l’OSR". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 09 de novembro de 2011.
  9. 1 2 "Surprise à l’OSR: Neeme Järvi sera le prochain chef". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 09 de novembro de 2011.
  10. "Le chef Neeme Järvi a signé son contrat avec l’OSR". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2011. Consultado o 09 de novembro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]