Modo gramatical
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
O modo é un concepto que existe na gramática de moitas linguas. O modo describe a relación do verbo coa realidade á que se refire. Moitas linguas modifican o modo mediante a inflexión do verbo. De entre os modos que se describen a continuación, varios non se utilizan en galego. Nótese ademais que o sentido exacto de cada modo difire dunhas linguas a outras.
O modo non debe confundirse co tempo ou co aspecto, aínda que, en ocasións, o significado destes conceptos se confundan.
Algúns modos son o condicional, imperativo, indicativo, negativo, optativo, potencial, subxuntivo, e outros. Os modos orixinais do indoeuropeo eran o indicativo, o subxuntivo, o optativo e o imperativo. Non tódalas linguas indoeuropeas teñen todos estes modos, pois só as máis conservadoras como o grego antigo ou o sánscrito os retiveron. Algunhas linguas urálicas teñen máis de dez modos.
Modo indicativo
[editar | editar a fonte]O modo indicativo emprégase en oracións de feitos reais e/ou fiticios. Calquera intención que unha lingua particular non sitúa noutro modo particular realízase co modo indicativo. Trátase do modo máis utilizado e atópase en tódalas linguas. Exemplo: «Pedro está montando en bicicleta» ou «Felipe estuda no seu cuarto».
Modo imperativo
[editar | editar a fonte]O modo imperativo expresa unha orde, solicitude ou prohibición. Moi a miúdo, dependendo da lingua e a cultura, utilizar o modo imperativo directamente parece bastante groseiro e descortés, polo que se adoita empregar con coidado. Exemplo: «Pilar, tráeme o meu caderno»,.
Moitas linguas utilizan a raíz verbal sen engadir ningún morfema para formar o imperativo.
Modo subxuntivo
[editar | editar a fonte]O modo subxuntivo ten varios usos en oracións distintas. Por exemplo, para discutir algo hipotético ou improbable, expresar opinións ou emocións, solicitar algo con cortesía (a súa produtividade depende de cada idioma). O modo subxuntivo emprégase en galego en oracións como «Suxeriría que Afonso lese o libro». Outro uso común do subxuntivo en galego é na proposición subordinada dunha oración condicional, por exemplo «Se eu fose rico, ...».
O modo subxuntivo aparece de forma destacada na gramática das linguas romances, que requiren este modo para determinados tipos de oracións subordinadas e hai varios tipos de subxuntivos.
Modo condicional
[editar | editar a fonte]O modo condicional utilízase para expresar incerteza, particularmente (pero non exclusivamente) en oracións condicionais. Na oración «Se eu fose rei, ti serías raíña», «fose» é subxuntivo, mentres que «serías» é condicional. O modo condicional, en ocasións, considérase un tempo en lugar dun modo.
Modo negativo
[editar | editar a fonte]O modo negativo nega unha acción. Na maioría dos casos, isto non se fai cun modo diferenciado; senón que a negación nalgunhas linguas exprésase engadindo unha partícula antes do verbo, (como en galego, ruso ou esperanto): Li ne iras.), despois do verbo (como en inglés antigo ou inglés dialectal: "Thou remembrest not?"), ou antes e despois (como en afrikaans ou francés: «Je ne sais pas».) O inglés actual adoita inserir a negación entre o verbo «to do» e o verbo principal: «I did not go there».
Nas linguas indoeuropeas, non hai costume de falar de modo negativo, porque nestas linguas a negación é unha partícula que pode aplicarse ao verbo en calquera destes modos. Actualmente é frecuente que a negación se considere unha modalidade, xunto coa interrogación ou a expresión de dúbida.
Nalgunhas linguas non indoeuropeas, o modo negativo obsérvase como un modo separado. Hai quen argumenta que o inglés moderno atópase dentro deste segundo grupo, xa que a negación en modo indicativo require un verbo auxiliar e unha estrutura sintáctica diferenciada en moitos dos casos. Pódese comparar, por exemplo, «He sings» -> «He doesn't sing» (onde se ten que engadir o auxiliar to do, flexionado coa forma does, e a forma clítica de not convértese nun sufixo para derivar a forma negativa de «Hei sings»); así a todo, con «Il chante» -> «Il ne chante pas»; o francés engade unha partícula negativa descontinua ne...pas, sen modificar a forma do verbo.
Modo optativo
[editar | editar a fonte]O modo optativo expresa esperanza ou desexo e ten outros usos que se poden confundir co subxuntivo. Hai poucas linguas que teñan o modo optativo como modo específico; o grego antigo ou o sánscrito son dous delas. Por exemplo: un falante de grego clásico podería dicir "Would that Paul would read more!" dicindo as palabras would that mediante o modo optativo do verbo read.
Modo cohortativo
[editar | editar a fonte]O modo cohortativo utilízase para expresar súplica, insistencia, desexo, intención, orde, propósito ou consecuencia. Aínda que non existe en galego, as frases que empezan en galego con «imos...» denótano .
Modo potencial
[editar | editar a fonte]O modo potencial é unha modo que expresa probabilidade. Utilízase en finés.
Modo eventivo
[editar | editar a fonte]O modo eventivo emprégase en Kalevala. É unha combinación do modo potencial e o condicional. Tamén se utiliza en dialectos do estoniano.
Modo dubitativo
[editar | editar a fonte]O modo dubitativo utilízase en ojibwa, xaponés, turco e outras linguas. Expresa a dúbida ou a incerteza do falante sobre o evento denotado polo verbo.
Modo hipotético
[editar | editar a fonte]O modo hipotético emprégase en ruso, lakota e outras linguas. Expresa un razoamento contrafactual, é dicir, un razoamento contrario a uns feitos; aínda que sexa unha situación que pode ocorrer.